Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros
- Salienta que este tipo de iniciativas non só melloran as infraestruturas e a calidade do servizo, senón que permiten controis máis rigorosos sobre os recursos hídricos as esixencias sanitarias e ambientais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do novo laboratorio de Espina & Delfín, unha infraestrutura pioneira en Galicia que, segundo subliñou, representa un paso adiante no compromiso desta empresa coa innovación, a sustentabilidade e a excelencia no ciclo integral da auga, e demostra que "aquí as cousas fanse ben, con calidade".
Rueda puxo en valor o labor desta compañía galega, referente no sector dende hai décadas, e destacou a súa aposta continuada pola tecnoloxía, o talento e a creación de emprego cualificado: "Trátase doutra empresa familiar galega que colle a testemuña e non só a manteñen senón que a engrandecen e miran para o futuro. Grazas por este traballo", salientou o presidente.
A Xunta mantén unha colaboración estreita coa empresa a través de Augas de Galicia, cun investimento acumulado que supera os 52 millóns de euros dende 2009 en contratos de obra e explotación de servizos hidráulicos. Entre os proxectos desenvolvidos conxuntamente, encóntranse actuacións destacadas como as melloras na EDAR de Viveiro, a nova depuradora da Cañiza ou a planta de tratamento das Pontes, así como contratos de xestión en vigor como o sistema de abastecemento na marxe dereita da ría de Arousa ou a EDAR de Ponte do Porto.
O novo laboratorio, segundo explicou, permitirá avanzar na calidade e eficiencia das análises das augas de consumo e residuais, grazas a unhas instalacións dotadas con tecnoloxía de vangarda e un equipo de 12 profesionais altamente cualificados. Esta infraestrutura sitúa a Espina & Delfín á cabeza do sector en Galicia no eido dos controis hídricos.
O presidente da Xunta sinalou que este tipo de investimentos non só melloran as infraestruturas e a calidade do servizo, senón que tamén representan un beneficio directo para a cidadanía, ao garantir controis máis rigorosos sobre a calidade da auga, a depuración e o cumprimento das esixencias sanitarias e ambientais: "Son investimentos que, sen ser lucidos, son imprescindibles e dan unha enorme calidade de vida", apuntou.
O titular do Goberno galego reafirmou o compromiso da Xunta con empresas que contribúen ao progreso da Comunidade a través da I+D+i, a tecnoloxía e o respecto polo medio ambiente. Reivindicou tamén a importancia de contar con operadores galegos sólidos, con capacidade técnica e humana para dar resposta ás necesidades dos concellos e da sociedade en materia de xestión da auga: "Se somos o país dos mil rios e da auga que todo o mundo admira é por algo. E empresas como Espina e Delfín teñen moito que ver", rematou Rueda.