A Xunta inicia en Ribadeo un curso pioneiro sobre riscos psicosociais no eido laboral enmarcado no seu compromiso coa seguridade e saúde no traballo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo na inauguración do curso de verán `Riscos psicosociais no traballo: avances científicos e enfoques aplicados´

Ribadeo (Lugo), 11 de xuño de 2025
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Ribadeo —xunto co alcalde do municipio, Daniel Vega— na inauguración do curso de verán Riscos psicosociais no traballo: avances científicos e enfoques aplicados, unha iniciativa pioneira organizada pola Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través do Laboratorio de Riscos Psicosociais.
Desde hoxe ata o venres, 13 de xuño, o curso reunirá a medio centenar de persoas de diversos perfís profesionais pero co interese común na comprensión, avaliación, intervención e regulación dos factores psicosociais que afectan á saúde mental e ao benestar nas contornas laborais. Ademais do seu valor formativo, o curso será un espazo de reflexión entre os distintos integrantes do tecido laboral, subliñando a necesidade de integrar a saúde psicosocial nas políticas laborais e preventivas de forma transversal.
O curso alíñase cos obxectivos establecidos na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, así como no propio plan anual de traballo do Issga para 2025, onde a saúde mental ten un papel prioritario coa necesidade de abordar os rápidos cambios dos patróns de traballo para mellorar a seguridade e saúde da poboación traballadora.