Ourense concentrará nun laboratorio transversal os recursos para impulsar e coordinar a ciberseguridade en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole acolleu hoxe a xornada `Galicia cibersegura: protexendo o tecido empresarial´ no marco do encontro CIBER.gal 2025
- O laboratorio transversal estará integrado no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia

San Cibrao das Viñas (Ourense), 11 de xuño de 2025
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño Iglesia, inaugurou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole a xornada Galicia cibersegura: protexendo o tecido empresarial. Durante a súa intervención, o director da axencia autonómica destacou que xa está publicada a licitación dun acordo marco para a dotación dun laboratorio transversal que estará integrado no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA) que se está a construír en Tecnópole.
Trátase dun laboratorio e centro demostrador que terá entre os seus obxectivos a coordinación da rede de laboratorios sectoriais sobre ciberseguridade no transporte intelixente, espazo aéreo para vehículos non tripulados ou tecnoloxías 5G e 6G. Tamén acollerá actividades para promover a implantación de tecnoloxías relacionadas coa seguridade das TIC, así como a protección de infraestruturas críticas e sistemas industriais. O investimento previsto para os dous primeiros anos é de 8,7 millóns de euros. Julián Cerviño destacou a importancia de que Ourense acolla o CECIGA.
O programa de hoxe centrouse na ciberseguridade nas empresas, con intervencións sobre novas normas, a seguridade dixital no tecido industrial ourensán, a evolución da ciberdelincuencia, as oportunidades de financiamento, os sistemas para blindar as empresas ou a ciberseguridade no vehículo conectado.
A xornada en Tecnópole forma parte da programación da quinta edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que celebrará a súa actividade central os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.