Galicia recibirá en xullo os primeiros 41 M€ do total dos fondos de transición xusta para financiar as obras do novo CHUAC
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Galicia recibirá para este fin o 100% dos Fondos de Transición Xusta asignados a España, 60 millóns de euros
- Grazas a conseguir estes recursos, a Consellería de Facenda e Administración Pública puido asinar no mes de abril co Banco Europeo de Investimento o segundo e último tramo dun préstamo por importe total de 450 M€ para financiar as obras do novo CHUAC
- Esta infraestrutura sanitaria estratéxica para a Comunidade autónoma galega ampliará a súa capacidade para atender a unha área sanitaria de 564.000 persoas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2025
A Axencia Executiva de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) acaba de firmar esta semana o acordo de subvención para que Galicia reciba no vindeiro mes de xullo os primeiros 41 millóns de euros do total dos Fondos de Transición Xunta asinados a España -60M€-, para financiar as obras do novo Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Grazas a conseguir estes recursos, a Consellería de Facenda e Administración Pública puido asinar no mes de abril co Banco Europeo de Investimento (BEI) o segundo e último tramo dun préstamo por importe total de 450 M€ para financiar as obras do novo CHUAC.
Este último treito de financiamento estaba vinculado á obtención da subvención do Fondo de Transición Xusta por importe de preto de 60 millóns de euros, que se suma aos recursos propios da Xunta de Galicia.
Cómpre recordar que a Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) comunicou en decembro á Consellería de Facenda e Administración Pública que a solicitude de subvención superara a fase de avaliación, asignando de forma preliminar unha axuda de preto de 60 M€.
A avaliación da proposta destacou a relevancia e o impacto deste proxecto. De feito, Galicia é a única comunidade autónoma que superou esta fase de avaliación e con esta cantidade recibirá o 100% dos fondos asignados a España.
O Novo CHUAC contará con altos estándares médicos, arquitectónicos e de eficiencia enerxética, referencia nacional para varios tratamentos. Esta infraestrutura sanitaria estratéxica para a Comunidade autónoma galega ampliará a súa capacidade para, unha vez operativo, atender a unha área sanitaria de 564.000 persoas, consolidándose como o centro hospitalario de referencia na área sanitaria da Coruña e reforzando o seu papel como centro médico de investigación.
O proxecto implica un aumento da superficie total do hospital, do número de camas e da capacidade das UCI e de cirurxía ambulatoria. Non en van, multiplicarase por tres a superficie actual do hospital.