Arias destaca na xornada Lucus Emprende as axudas e os recursos que ofrece a Xunta para o emprendemento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de xuño de 2025
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada Lucus Emprende, organizada na Tinería para difundir a cultura emprendedora a través do intercambio de experiencias entre empresarios lucenses.
A iniciativa conta coa colaboración do Goberno galego a través dos Polos de Emprendemento que, segundo explicou o delegado, "son novos recursos que están funcionando moi ben, por proximidade e servizo, ofrecendo acompañamento aos emprendedores en todas as etapas da posta en marcha do negocio, desde o acceso ás axudas ata as xestións administrativas".
Neste sentido, explicou que a Xunta convoca distintos programas de apoio para promover o emprego autónomo e a expansión ou dixitalización das empresas, e apuntou que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen na web da Administración autonómica oficinadoautonomo.gal.