Rueda desexa a Marta Villaverde un labor que destaque polo "diálogo coa xente do mar e a capacidade de xestión"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destaca o seu traballo de todos estes anos en distintos postos do Goberno galego
- Remarca o compromiso do seu Executivo cunha consellería "fundamental para a Xunta de Galicia"
- Agradece o labor do anterior conselleiro, Alfonso Villares
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá no Pazo de Raxoi á toma de posesión de Marta Villaverde como conselleira do Mar. Na súa intervención, Rueda deu a benvida a Marta Villaverde ao cargo da responsabilidade "dunha consellería fundamental para a Xunta de Galicia": "Benvida a un labor que ten que continuar con normalidade, con intensidade e con responsabilidade", apuntou.
Neste sentido, o presidente desexou sorte á nova conselleira, manifestando o apoio de todo o seu Goberno: "Un éxito individual dunha consellería é un éxito colectivo de todas. Incorpórasche a un grupo onde poderás comprobar isto", salientou. O presidente desexou a Villaverde que leve a cabo a súa responsabilidade con "un liderado sereno, un diálogo coa xente do Mar, capacidade de xestión e visión de futuro". Rueda reiterou o seu apoio en todos estes retos que ten por diante.
O presidente tamén louvou o traballo da nova conselleira na Xunta de Galicia, que xa "coñece perfectamente a casa". Marta Villaverde foi desde abril de 2024 directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Previamente fora subdirectora xeral de Pesca e Mercados da Pesca, e subdirectora xeral de Valorización dos Produtos do Mar. A maior parte da súa carreira profesional está vinculada ao sector primario galego.
Ademais, o presidente da Xunta agradeceu o traballo e dedicación do anterior conselleiro, Alfonso Villares, e desexou a pronta resolución da súa situación.