A Xunta salienta o compromiso co sector da pedra natural como motor estratéxico de Galicia e xerador de riqueza e emprego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou na entrega de premios da Stone Gala, celebrada na canteira Granitos e Áridos de Atios, no Porriño

O Porriño (Pontevedra), 4 de xuño de 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou esta noite no acto de entrega de premios da Stone Gala, celebrado na canteira de Granitos e Áridos de Atios, no Porriño, no marco de Stonegal, o principal evento da pedra natural da Península Ibérica.
Durante o acto, o conselleiro entregou o Premio Traxectoria Laboral a Luis García Florido, funcionario recentemente xubilado da Oficina Territorial de Minas de Pontevedra, a quen recoñeceu "polo seu compromiso, profesionalidade e dedicación ao longo dunha traxectoria de servizo público a prol dun sector estratéxico para Galicia".
González puxo en valor o simbolismo de celebrar a gala nunha canteira como "un espazo que representa o punto de partida dun material esencial na construción do presente e do futuro". Na súa intervención, tamén reafirmou o compromiso decidido da Xunta de Galicia co sector, incidindo na vontade de avanzar da man das empresas para impulsar a competitividade, responder aos retos laborais e aproveitar todo o potencial de crecemento que ofrece a pedra natural en Galicia.
Destacou tamén como eixes prioritarios de actuación a formación especializada e a retención e atracción de talento, elementos clave para consolidar un sector moderno, sostible e xerador de riqueza e de emprego de calidade.