A Xunta destaca o impacto da 7ª edición dos bonos Activa Comercio con preto de 500.000 euros mobilizados en menos de dúas horas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González destacou o éxito desta iniciativa que xa leva arredor de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia e volve rexistrar unha resposta masiva da cidadanía, con arraedor de 60.000 bonos xa descargados
  • O bono desconto, de ata 30 euros, pode ser utilizado desde hoxe e ata o esgotamento do mesmo ou do orzamento global do crédito da convocatoria
  • Como novidade nesta edición, o prazo para adhesión dos establecementos, que leva aberto desde o pasado 20 de maio, é unico para todas as edicións de 2025 avanzando na simplificación administrativa e cun modelo de xestión máis áxil
  • O conselleiro puxo en valor a aposta do Executivo galego co sector, reflectida nas máis de 70 actuacións a prol da súa visibilidade e competitividade recollidas no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 4 de xuño de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá en Ourense o comercio especializado en xogos de mesa Júpiter Ourense con motivo do lanzamento da 7ª edición do bono Activa Comercio. Nesta primeira convocatoria do ano 2025, a Xunta está a destinar 2,5 millóns de euros, cos que prevé mobilizar 8,5 millóns en vendas nos establecementos de proximidade galegos co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector. Segundo salientou o conselleiro, xa hai máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia nestes momentos e en menos de dúas horas desde a súa activación descargáronse 60.000 bonos e mobilizáronse preto de 500.000 euros, o que evidencia o elevado impacto da iniciativa.

Desde ás 09,00 horas deste mércores, 4 de xuño, as persoas consumidoras usuarias poden descargar un bono desconto de 30 euros na web www.bonosactivacomercio.gal para empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos, exceptuando tarxetas regalo, vales ou similares. Como novidade este ano, a adhesión dos establecementos á campaña —cuxo prazo comezou o pasado 20 de maio— realizarase unha única vez para todas as edicións do ano, continuando así a folla de ruta marcada polo Executivo galego co compromiso da simplificación administrativa e cun modelo de xestión máis áxil.

Durante a visita, José Gonzalez explicou que o Goberno galego ten previsto destinar inicialmente 5 millóns de euros durante o ano 2025 a esta campaña, contribuíndo a fortalecer tanto a economía de proximidade como a competitividade do sector. Por outra banda, resaltou o rotundo éxito das pasadas edicións, coa mobilización desde o ano 2021 de preto de 100 millóns de euros no comercio retallista galego, destacando que só no 2024 se destinaron 7,5 millóns de euros en descontos, que impulsaron 600.000 transaccións comerciais nas catro provincias e xeraron un volume de vendas de arredor de 34 millóns de euros.

Funcionamento da campaña

As persoas consumidoras interesadas que descarguen o bono desconto de 30 euros, poderano empregar directamente na adquisición de productos e servizos nos comercios adheridos ata o esgotamento do crédito da campaña. Os bonos están pensados para fomentar o consumo no momento da compra, favorecendo así a dinamización comercial.

Teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe vaise reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. Como en anteriores ocasións, cada persoa pode descargar un único bono sen que haxa límite de usuarios, pero, unha vez esgotado o crédito total de 2,5M€, os bonos descargados xa non se poderán utilizar, aínda que non se teñan consumidos na súa totalidade.

Compromiso coa revitalización do comercio local

Durante a súa visita, o conselleiro de Emprego puxo en valor a gran relevancia do comercio de proximidade na xeración de emprego, na dinamización das economías locais e como fonte de vida dos barrios e vilas, destacando que para a Xunta é absolutamente prioritario o apoio a este sector, que xera na Comunidade 107.000 postos de traballo.

Medidas consolidadas como os bonos Activa Comercio, súmanse ás máis de 70 actuacións a prol do comercio local recollidas no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, —dotado con máis de 320 millóns de euros— no que tamén se incluen accións pioneiras de comercio de atracción como a aposta pola recuperación de contornas comercias urbanas a través do piloto do proxecto Vilas Vivas ou a promoción de sinerxías entre as prazas de abastos e os restaurantes das súas contornas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/06/2025
1040414 {"title":"A Xunta destaca o impacto da 7ª edición dos bonos Activa Comercio con preto de 500.000 euros mobilizados en menos de dúas horas","published_date":"2025-06-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185939-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1040414"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-04/1040414-xunta-destaca-impacto-da-7-edicion-dos-bonos-activa-comercio-preto-500-000-euros-mobilizados-menos-duas-horas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.