A Xunta colabora coa Asociación de Empresarios de Mos nunha xornada de concienciación e posta en valor da economía social como dinamizador da economía galega

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participaron en Mos na xornada Compromiso Social: Creando Valor Social e Económico
  • Durante as súas intervencións Pablo Fernández e Marta Mariño resaltaron o papel da economía social como dinamizador da economía galega, contribuíndo arredor dun 7% no PIB da comunidade
  • Pola súa banda Roberto Barba destacou o compromiso do Executivo galego en prol da inserción laboral das vítimas de violencia de xénero, lembrando que Galicia foi pioneira en outorgarlles unha dotación económica mensual para a súa independencia
Imagen del artículo A Xunta colabora coa Asociación de Empresarios de Mos nunha xornada de concienciación e posta en valor da economía social como dinamizador da economía galega
Mos (Pontevedra), 3 de xuño de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño participaron na xornada Compromiso Social: Creando Valor Social e Económico, organizada pola Asociación de Empresarios de Mos co apoio da Xunta. Nesta xornada —na que tamén estivo presente a alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo—, a asociación tamén presentou a súa primeira empresa de inserción Activa Emprega, a través da cal as mulleres vítimas de violencia de xénero —participantes nalgún dos seus programas de inserción laboral— poden acceder a un traballo adaptado a súa situación, con atención e acompañamento profesional durante o tempo que procuren, ata a plena integración no mercado laboral ordinario.

Durante o transcurso da xornada, expúxose a importancia da Economía Social como dinamizador da economía galega. Tanto Pablo Fernández como Marta Mariño resaltaron que na nosa Comunidade existen máis de 7.000 entidades de economía social que xeran preto de 30.000 empregos directos e contribúen aproximadamente un 7% do PIB galego, sendo un sector que promove o emprego estable e de calidade, así como o compromiso no desenvolvemento local, a innovación e a sostibilidade.

Por outra banda, na mesa redonda titulada Compromiso Empresarial e Economía Social: Implicación das Pequenas Empresas no Desenvolvemento Comunitario, a directora xeral puxo en valor como están a contribuír as estratexias de responsabilidade social empresarial das pequenas empresas na consecución de melloras sociais, tales como o acceso a novas oportunidades de negocio e financiación, mellora da reputación e diferenciación do mercado, aforro de costes ou retención de talento. Neste senso resaltou, a aposta estratéxica da Xunta a prol do sector, con liñas chave —que continúan este ano— como Aprol Economía Social ou o Bono Consolida, así como o apoio e diálogo constante coas entidades asociativas ou o labor do Consello Galego da Economía Social, cuxo obxectivo é promover e coordinar políticas públicas que favorezan o desenvolvemento deste modelo.

Compromiso coa inclusión laboral das vítimas de violencia de xénero

Pola súa parte, no relatorio O emprego como ferramenta de empoderamento e recuperación para mulleres vítimas de violencia de xénero, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, sinalou a importancia de contar con recursos específicos para a recuperación das vítimas, a súa atención e acompañamento no proceso. Deste xeito, lembrou que a Xunta aposta por seguir poñendo en marcha medidas que incentiven a contratación das vítimas co obxectivo de garantir a súa independencia económica. Así, destacou que o Executivo galego conta con tres liñas de achegas destinadas á formación e inserción laboral das vítimas.

Neste sentido, recalcou que o Executivo galego foi pioneiro á hora de poñer en marcha unha prestación económica mensual para contribuir á autonomía e superación das mulleres que sufriron violencia machista.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 03/06/2025
1039082 {"title":"A Xunta colabora coa Asociación de Empresarios de Mos nunha xornada de concienciación e posta en valor da economía social como dinamizador da economía galega","published_date":"2025-06-03","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185675-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1039082"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-06-03/1039082-xunta-colabora-coa-asociacion-empresarios-mos-nunha-xornada-concienciacion-e-posta-valor-da-economia-social-como-dinamizador-da-economia-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.