A Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de abastos no marco da celebración da campaña 'Quere o teu mercado'

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro puxo en valor a importancia desta iniciativa, á que Galicia se suma no marco do Plan estratéxico do comercio, que contribúe a dar visibilidade a estes espazos, atraer novo público consumidor e promover o produto galego de calidade
  • A campaña conta coa participación de 63 prazas localizadas en 52 concellos de toda Galicia, entre eles catro da provincia de Ourense: O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Ribadavia e Ourense, implicando a 2.550 praceiras e praceiros
  • Salientou a resolución da orde de axudas para potenciar os mercados, con 31 municipios beneficiados, tres na provincia de Ourense: Ribadavia, Xinzo de Limia e O Carballiño, que contarán con apoio autonómico para realizar melloras nestas espazos
  • Lamentou a posición do Concello de Ourense na Praza nº1 ao non solicitar estas axudas, rexeitar o apoio da Xunta -1,4M€- para completar a reforma e agora pretender que esta sexa financiada polos praceiros, levando a situación a un camiño sen saída
Imagen del artículo A Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de abastos no marco da celebración da campaña 'Quere o teu mercado'
Ourense, 31 de maio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá as prazas de abastos do Carballiño e Ourense no marco da celebración da campaña Quere o teu mercado, unha iniciativa internacional á que Galicia se suma na xornada de hoxe en máis de 60 mercados de toda a Comunidade como parte do compromiso estratéxico da Xunta co fortalecemento das prazas de abastos como espazos fundamentais do comercio de proximidade e elementos vertebradores do territorio.

Durante a visita, o conselleiro puxo en valor a importancia desta campaña que contribúe a dar visibilidade aos mercados, atraer novo público consumidor e promover o produto galego de calidade. Destacou que as prazas de abastos non son só espazos de venda, senón tamén lugares de encontro e parte esencial da identidade dos municipios galegos. Nese sentido, salientou o traballo que está a realizar a Xunta a través do Plan estratéxico de comercio de Galicia, con actuacións específicas como o pulo ao selo Mercados Excelentes ou a futura iniciativa Prato de mercado que promoverá sinerxías cos mellores restaurantes das súas contornas.

A edición deste ano de Quere o teu mercado conta coa participación de 63 prazas de abastos localizadas en 52 concellos de toda Galicia, entre eles catro da provincia de Ourense —O Carballiño, O Barco de Valdeorras, Ribadavia e Ourense—, que suman arredor de 2.550 praceiras e praceiros implicados. Ao longo desta xornada, a Xunta distribuirá máis de 4.300 mandís e 18.250 bolsas de algodón nos mercados participantes. Ademais, desenvolveranse diferentes actividades de dinamización como showcookings, actuacións musicais, sorteos de cestas de produtos, obradoiros infantís e concursos de debuxo, contribuíndo así a crear un ambiente atractivo e participativo.

Impulso á rede de Mercados Excelentes

No mesmo marco de apoio a estes espazos comerciais, José González salientou a recente resolución da orde de axudas impulsada pola Xunta para dinamizar e modernizar as prazas de abastos e promover a súa certificación como Mercados Excelentes, cun investimento total de 3,2 millóns de euros que beneficiará a 31 concellos e 14 asociacións e federacións vinculadas a estes espazos. No caso da provincia de Ourense, están a acollerse a esta liña os mercados de Ribadavia, Xinzo de Limia e O Carballiño, cun investimento conxunto que supera os 260.600 euros. Estas achegas permitirán avanzar na redacción de proxectos técnicos e na execución de melloras estéticas e funcionais, dando continuidade ao traballo de diagnose realizado no ano anterior tamén co apoio da Xunta.

Un posicionamento completamente oposto ao adoptado polo Concello de Ourense na Praza de Abastos nº1. O actual goberno municipal, lamentou González, nin tan sequera solicitou estas axudas autonómicas, rexeitou a colaboración extraordinaria da Xunta -1,4M€- para completar a reforma do mercado e agora pretende que sexan os propios praceiros os que asuman esta actuacións para contar cunhas condicións mínimas de funcionalidade que teñen garantidas por contrato. Deste xeito o Concello está desatendendo as súas obrigas nun edificio municipal e, advertiu o conselleiro, leva a situación a un camiño sen saída para prexuízo dos centenares de postos de traballo que dependen, directa ou indirectamente, da Praza, dos máis de 3.000 clientes diarios do mercado e de toda a cidade.

Visita á praza do Carballiño

No marco da xornada de hoxe, o conselleiro de Emprego tamén visitou o mercado do Carballiño, que, ademais da distribución do material promocional, acolle unha exposición fotográfica dedicada ao mercado. José González destacou que a praza do Carballiño é un exemplo do potencial que teñen estes espazos cando contan co apoio e impulso necesarios de todas as administracións implicadas. Este mercado recibiu en 2024 unha axuda para a diagnose e, este ano, dispón dunha achega próxima aos 53.000 euros para avanzar no proxecto técnico e na execución das melloras estéticas e funcionais.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 31/05/2025
1036798 {"title":"A Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de abastos no marco da celebración da campaña 'Quere o teu mercado'","published_date":"2025-05-31","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/185122-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1036798"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-31/1036798-xunta-reforza-compromiso-coa-visibilidade-e-dinamizacion-das-prazas-abastos-marco-da-celebracion-da-campana-quere-teu-mercado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.