Fabiola García felicita aos bancos de alimentos por impulsar a conciencia social e ambiental e por ser motor de solidariedade e compromiso

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • No acto, que contou coa participación de súa maxestade, a raíña dona Sofía, a conselleira gabou o labor medioambiental que realizan os bancos de alimentos, especialmente na loita contra o desperdicio alimentario
  • Destaca que a Xunta destina anualmente máis de 131 M€ a apoiar programas de entidades destinados especificamente á cobertura de necesidades básicas e subliña a aposta de Galicia por reforzar as políticas de inclusión, especialmente na infancia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Ourense, 29 de maio de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, puxo en valor o papel que xogan os bancos de alimentos como "motor de solidariedade e compromiso" ao tempo que impulsan a conciencia social e medioambiental. Así o asegurou na clausura do XXVIII Congreso Nacional da Federación Española de Bancos de Alimentos, un acto que contou coa participación da súa maxestade, a raíña dona Sofía, do delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e do Presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre outras autoridades.

Na súa intervención, a conselleira felicitou aos bancos alimentos polo "papel fundamental que xogan" na loita contra as desigualdades e no fortalecemento do tecido social. Sobre a situación de Galicia, lembrou que, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional.

No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%.

Fabiola García insistiu en que estes datos "son positivos, pero non suficientes" e, para seguir avanzando, comprometeu o apoio da Xunta para continuar colaborando con bancos de alimentos, entidades sociais e organizacións do terceiro sector.

Neste sentido, destacou que o Goberno galego destina anualmente máis de 131 M€ para políticas de inclusión. Ademais, subliñou a aposta de Galicia por reforzar especialmente as medidas no eido da infancia. Traballando, deste xeito, por "unha Galicia máis xusta, cohesionada e solidaria, na que ninguén quede atrás".

A conselleira de Política Social e Igualdade tamén gabou o labor medioambiental que realizan os bancos de alimentos, especialmente na loita contra o desperdicio alimentario, beneficiando tanto á sociedade como ao medio ambiente. Nesta liña, subliñou o triplo impacto ambiental, económico e social dos bancos de alimentos e o seu traballo "a prol da conciencia social e ambiental, con accións que inspiran e educan".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 29/05/2025
1034868 {"title":"Fabiola García felicita aos bancos de alimentos por impulsar a conciencia social e ambiental e por ser motor de solidariedade e compromiso","published_date":"2025-05-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/183991-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1034868"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-29/1034868-fabiola-garcia-felicita-aos-bancos-alimentos-impulsar-conciencia-social-e-ambiental-e-ser-motor-solidariedade-e-compromiso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.