A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro destacou a aposta do Executivo galego para impulsar os mercados de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoos á contorna na que se integran tal e como reflicte o Plan estratéxico do comercio
  • Na reunión salientouse a importancia de que o Concello realice unha diagnose da situación e usos do mercado co fin de impulsalo, unha actuación financiable ao abeiro dos apoios autonómicos para consolidar unha rede do selo de Mercados Excelentes
  • Na última convocatoria destas achegas resultaron beneficiarios ata 31 concellos galegos e 14 asociacións e federacións de prazas de abastos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe unha reunión co alcalde de Cambados, Samuel Lago, e o concelleiro de Comercio deste municipio, Tino Cordal, para analizar posibles vías de colaboración coas que potenciar a praza de abastos do municipio.

Neste sentido, José González destacou a aposta do Goberno galego para impulsar as prazas de abastos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vencellándoas á contorna na que se integran, ao produto local e a valores como a sostibilidade, a protección do medio ambiente, a calidade, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade. Un aspecto para o que, no caso de Cambados, é importante que o Concello realice unha diagnose da situación e usos do mercado co obxectivo de poder impulsar este espazo, unha actuación financiable ao abeiro dos apoios autonómicos para consolidar unha rede do selo de Mercados Excelentes.

Na última convocatoria destas achegas resultaron beneficiarios 31 concellos galegos e 14 asociacións e federacións de prazas de abastos cun valor de achega total próximo aos 3,2 M€. Con elas, no caso dos municipios, ademais de subvencionarse a elaboración ou actualización da diagnose de situación e usos do mercado, tamén se apoian accións de mentoring, elaboración da documentación técnica e gastos de dirección de obra e de coordinación de seguridade e saúde, así como actuacións de mellora para a obtención do selo de Mercado Excelente como as relacionadas co acondicionamento dos postos dos praceiros, os servizos e a accesibilidade, entre outras.

Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

A aposta da Xunta a prol da dinamización das prazas de abastos aparece reflectida no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que abarca medidas como os apoios para consolidar unha rede ao abeiro do selo de Mercados Excelentes, un distintivo que impulsa a Xunta para recoñecer aquelas prazas de abastos que están a responder de xeito diferencial e destacado aos retos da modernización e a innovación sen perder a súa autenticidade e tradición.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/05/2025
1033926 {"title":"A Xunta e o Concello de Cambados estudan posibles vías de colaboración para potenciar a praza de abastos do municipio","published_date":"2025-05-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/184119-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1033926"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-28/1033926-xunta-e-concello-cambados-estudan-posibles-vias-colaboracion-potenciar-praza-abastos-do-municipio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.