A Xunta trae a Lugo a oficina itinerante do programa de emprego xuvenil transfronteirizo 'Desafíos Jovens'
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial, Javier Arias, explicou que informa sobre intercambios laborais co Norte de Portugal e outros recursos para mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas

Lugo, 28 de maio de 2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude trae hoxe a Lugo a oficina itinerante do programa de cooperación transfronteiriza Desafíos Jovens, que promove a inserción laboral da mocidade nos mercados de traballo da eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que a campaña persegue o dobre obxectivo de "orientar á xuventude na súa traxectoria profesional e incrementar as posibilidades de crecemento da eurorrexión". A iniciativa conta cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Arias visitou a oficina móbil na Biblioteca Intercentros do Campus, onde estivo situada durante a mañá; pola tarde instalarase no Complexo Residencial Xuvenil Lug I para facilitar o acceso tanto dos estudantes universitarios como dos de Secundaria.
Entre outros recursos, informa sobre a posta en marcha de intercambios laborais entre Galicia e o Norte de Portugal, a través de prácticas e fomentando a cooperación entre os sectores públicos e privados.
Ademais, potencia o emprendemento como medio para reter talento innovador, crear riqueza e fixar poboación, prestando especial atención á economía verde e social polo seu potencial no ámbito rural.