A Xunta salienta o labor do recinto feiral de Expourense como motor estratéxico da dinamización económica e comercial de Ourense
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades do ano 2024 de Expourense e a programación do ano 2026

Ourense, 28 de maio de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Memoria de Actividades do ano 2024 de Expourense e na posterior programación de actividades para o ano 2026.
Durante a súa intervención, o director xeral destacou o labor do recinto feiral e a súa capacidade de atracción a través dos diferentes eventos, xornadas e competicións que acolle, sendo un motor máis de atracción de visitantes a Ourense. Neste senso, resaltou que os recintos feirais de Galicia teñen a capacidade de amosar ao sector as últimas novidades comerciais , cun gran potencial para xerar sinerxías de xestión, captación, coordinación e programación de eventos, adquirindo un maior protagonismo no liderado do sector comercial nos seus respectivos contornos.
O Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 recolle entre as máis de 70 accións especificas que presenta, unha liña adicada ao impulso dunha rede de recintos feirais de Galicia para acadar o obxectivo de que estes espazos obteñan o potencial que lles permita exercer o liderado no eido da modernización e da dixitalización do comercio local.