A Xunta convoca o programa 'Reencontros con Galicia' para que 200 galegos maiores do exterior poidan vivir a realidade da Galicia actual
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 28 de maio, ata o vindeiro 27 de xuño
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración realiza esta iniciativa en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade que se desenvolverá entre o 6 e o 16 de outubro
- Os solicitantes deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos últimos cinco anos nos programas de viaxes organizados pola Secretaría Xeral da Emigración
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para a participación no programa Reencontros con Galicia destinadas as persoas maiores de 65 anos residentes en América, con 200 prazas co obxectivo de facilitar o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.
Esta iniciativa ten por finalidade facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior un período de estancia —entre o 6 e o 16 de outubro— nas Residencias de Tempo Libre (RTL) dependentes da Consellería de Política Social e Igualdade en Panxón e no Carballiño de xeito que poidan achegarse ata a realidade galega e gozar de actividades de ocio e entretemento, potenciando, á vez, o contacto coas súas familias residentes en Galicia.
A Xunta farase cargo dos traslados dos participantes mediante o financiamento dos custos desde o seu lugar de orixe ata Galicia e dos do regreso. Así mesmo, encargarase dos desprazamentos en Galicia e do seu aloxamento e manutención das persoas con escasos recursos económicos.
Detalles da convocatoria
O prazo de presentación de solicitudes, está aberto desde mañá 28 de maio e estenderase ata o vindeiro 27 de xuño. No momento da solicitude, as persoas que desexen participar deben ter cumpridos os 65 anos e non poden ter participado nos últimos cinco anos nos programas de viaxes organizados pola Secretaría Xeral da Emigración.