Rueda destaca que a Xunta destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Sinala que a Xunta publicará axudas destinadas aos mozos beneficiados polas achegas de incorporación no 2024 aos cales non se lles aprobou o plan de mellora, cun orzamento de 5,5 millóns de euros
  • Convocaranse as achegas deste 2025 para o establecemento de agricultores mozos e para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, dotadas en total con 30,5 millóns de euros
Imagen del artículo Rueda destaca que a Xunta destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno Galego destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras.

Tal e como sinalou o titular do Executivo galego, Galicia ten unha "liña de axudas" que promove "a incorporación de xente moza ás explotacións agrarias". Só desde 2016, destináronse 106 M€ que axudaron a "case 3.000 mozos e mozas que decidiron emprender no rural".

Nesta liña, o Consello da Xunta avaliou as novas convocatorias de axudas destinadas aos plans de mellora en explotacións gandeiras e á incorporación de mozos, dotadas cun total de 36 millóns de euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (Feader), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e con fondos propios, cos que se quere promover a incorporación de 300 mozos ao agro e apoiar "a mellora das explotacións".

Rueda detallou que a Xunta publicará, nos vindeiros meses, dúas ordes de axudas destinadas para tal fin no marco do Plan estratéxico da política agraria común. A primeira busca financiar os plans de mellora non aprobados aos mozos que resultaron beneficiarios da convocatoria 2024 da incorporación de mozos, co obxectivo de facilitar o inicio da súa actividade produtiva.

Deste xeito, e cun orzamento de 5,5 millóns de euros, financiaranse investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, sendo os posibles beneficiarios aquelas persoas mozas ás cales se lles aprobou a axuda de incorporación no 2024 pero non o plan de mellora asociado. Neste contexto, serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade das explotacións.

O importe máximo da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 % en función dos criterios que se recollan na orde. Ademais, a contía máxima sitúase en 250.000 euros por beneficiario.

Convocatoria de continuidade

Por outra banda, e dando continuidade ás axudas de incorporación de mozos, a Consellería do Medio Rural tamén publicará unha orde de axudas para o establecemento de agricultores mozos, cun orzamento de 16 millóns de euros; e para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, dotadas con 14,5 millóns de euros.

Para o establecemento de agricultores mozos, os posibles beneficiarios serán aqueles cunha idade entre 18 e 40 anos, ambos incluídos, e que non cumpra os 41 no ano natural da convocatoria. O solicitante tamén deberá presentar un plan empresarial, permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda e participar no programa de titorización que presta a Consellería do Medio Rural a persoas agricultoras mozas. O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros segundo os criterios recollidos na correspondente orde.

No caso dos investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, o requisito para obter esta axuda é ser unha persoa moza que solicita simultaneamente a axuda ao establecemento de persoas agricultoras mozas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/05/2025
1030811 {"title":"Rueda destaca que a Xunta destina 36 M€ para seguir afondando na incorporación de mozos ao agro e a mellora das explotacións gandeiras","published_date":"2025-05-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182969-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1030811"} galicia C. do Medio Rural; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-26/1030811-rueda-destaca-xunta-destina-36-m-seguir-afondando-na-incorporacion-mozos-ao-agro-e-mellora-das-explotacions-gandeiras https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.