A Xunta salienta en Lugo o papel das mesas de comercio local para impulsar a colaboración público-privada a prol da competitividade do sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 23 de maio de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Mesa provincial de comercio local de Lugo, onde destacou a relevancia destes encontros como espazos de debate público-privado para consensuar accións adaptadas ás necesidades reais do sector, sempre en colaboración cos diferentes axentes implicados. Nese sentido, lembrou que unha das prioridades recollidas no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 é precisamente reforzar o papel activo das mesas de comercio como ferramentas para unha coordinación efectiva entre as administracións locais e o tecido asociativo comercial.
Ademais, Alén incidiu na importancia de que as entidades locais e provinciais colaboren de maneira estreita co sector comercial das súas respectivas contornas, esencial para o desenvolvemento e competitividade do sector. Subliñou que estas mesas deben funcionar como foros de diálogo e análise que permitan adoptar as decisións máis axeitadas para impulsar e revitalizar o comercio de proximidade.