Enredando Tour inicia a súa terceira edición para achegar aos maiores, especialmente do rural, as vantaxes da tecnoloxía con seguridade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou en Silleda esta nova edición que levará a cabo a Cruz Vermella, en colaboración coa Amtega
  • Esta edición percorrerá durante os meses de verán, en horario de 10.00 a 14.00 horas, 20 localidades das catro provincias galegas
  • Os veciños poderán acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, achegarse a aplicacións que empregan IA e participar en sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade
  • Como novidade, están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego
Imagen del artículo Enredando Tour inicia a súa terceira edición para achegar aos maiores, especialmente do rural, as vantaxes da tecnoloxía con seguridade
Silleda (Pontevedra), 23 de maio de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a posta en marcha da terceira edición de Enredando Tour para achegar aos maiores, especialmente do rural, as vantaxes da tecnoloxía con seguridade.

Durante a inauguración desta nova edición, Miguel Corgos destacou que persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), será o encargado de impartir os obradoiros, durante os meses de verán e en horario de 10.00 a 14.00 horas.

Así, nesta edición Enredando Tour percorrerá 20 localidades das catro provincias galegas, comezando por Silleda e achegándose, posteriormente, a Forcarei, Ponte Caldelas, Ribadumia, O Rosal, Barbadás, Ourense, A Rúa, Celanova, Carballiño, Cabana de Bergantiños, Tordoia, Trazo, Frades, Boiro, Vilalba, Guntín, Mondoñedo, Ribadeo e Foz.

Intelixencia artificial, ciberseguridade e banca electrónica 

Os veciños destas localidades poderán acceder a contidos formativos sobre o uso da tecnoloxía na vida cotiá, ademais de achegarse a aplicacións que empregan intelixencia artificial e a conceptos como a realidade inmersiva.

Así mesmo, nestas sesións terán a oportunidade de participar en sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade. "E, este ano, como novidade, están programados tamén obradoiros para mellorar a capacitación dixital en persoas que estean á procura ou mellora de emprego", engadiu o conselleiro, recordando que, ao longo das dúas primeiras edicións, preto de 50 persoas de Cruz Vermella, entre voluntarios e persoal técnico, percorreron máis de 3.000 quilómetros para levar a máis de 600 persoas de 42 concellos este proxecto.

"Queremos que toda a cidadanía poida desenvolverse con autonomía e confianza na contorna dixital, especialmente os colectivos con máis dificultades de acceso á tecnoloxía", dixo, facendo fincapé na importancia de iniciativas como Enredando Tour, que complementan o labor que, desde a Xunta, se impulsa a través da Rede CeMIT. Unha rede de aulas públicas na que se ofrece capacitación dixital gratuíta para todos os niveis, con especial atención aos colectivos máis vulnerables á fenda dixital.

Cómpre salientar que a actividade da Rede CeMIT contribuíu a que, só nos últimos catro anos, máis de 15.6000 persoas maiores de 65 anos se incorporasen ao uso da tecnoloxía en Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/05/2025
1027923 {"title":"Enredando Tour inicia a súa terceira edición para achegar aos maiores, especialmente do rural, as vantaxes da tecnoloxía con seguridade","published_date":"2025-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1027923"} galicia C. de Facenda e Administración Pública https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-23/1027923-enredando-tour-inicia-sua-terceira-edicion-achegar-aos-maiores-especialmente-do-rural-as-vantaxes-da-tecnoloxia-seguridade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.