As persoas emprendedoras seleccionadas na segunda edición do proxecto Fixar inician as súas estancias nos coliving Sende, Anceu e Islow

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Ata o 15 de outubro 80 nómades dixitais realizarán estadías de 15 días nalgún destes tres espazos implicados neste proxecto, co que a Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Sende impulsan o modelo dos colivings
  • Entre as persoas seleccionadas hai profesionais da artesanía, o turismo, o deseño web, a fotografía, a arquitectura, o audiovisual, a sostibilidade ambiental, o benestar, a xestión cultural, a investigación en distintos sectores ou a educación, entre outros
  • Sumaranse aos 60 participantes da experiencia piloto desta iniciativa, impulsada coa Asociación Cultural Sende, o que supón a creación dunha rede para conectar a estas 140 persoas emprendedoras 
  • Esta nova edición afondará en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal e avanzará no aproveitamento de sinerxías locais coa Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas
Imagen del artículo As persoas emprendedoras seleccionadas na segunda edición do proxecto Fixar inician as súas estancias nos coliving Sende, Anceu e Islow
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2025

As persoas emprendedoras seleccionadas na segunda edición do proxecto Fixar co que o Goberno galego e a Asociación Cultural Sende impulsan o modelo dos colivings de persoas emprendedoras no rural inician as súas estadías nos espazos coliving implicados neste proxecto, que son Sende (Lobeira, Ourense), Anceu, (Ponte Caldelas) e iSlow, Laxe (A Coruña). Deste xeito, as 80 persoas participantes nesta edición beneficiaranse destas estadías de 15 días nos períodos que escollesen ata o 15 de outubro nalgún destes tres espazos. 

Entre as persoas seleccionadas hai profesionais do ámbito da artesanía, o turismo, o deseño web, a fotografía, a arquitectura e distintas disciplinas artísticas. Tamén hai persoas relacionadas co audiovisual, a sostibilidade ambiental, o benestar, a xestión cultural, a investigación en distintas áreas, así como a educación. 

Así, cos 60 participantes na primeira edición deste proxecto, estase creando unha rede para conectar a estas 140 persoas emprendedoras no rural galego. Nesta nova edición afondarase en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal, de maneira que a súa posta en marcha poida ser beneficiosa para a persoa emprendedora e para a contorna, explorando as sinerxías locais e coa propia Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas activas. 

Formación en emprendemento

As persoas beneficiarias da segunda edición de Fixar recibirán orientación e formación en áreas como a xestión de proxectos, estratexias de emprendemento e networking e ferramentas para desenvolver os seus negocios e iniciativas desde a contorna rural. O obxectivo é promover que amplíen a súa rede de contactos e mellorar a súa estratexia empresarial, entre outros aspectos. 

De feito, a primeira edición deste proxecto permitiu consolidar unha comunidade activa que segue medrando tanto de xeito online como a través de eventos presenciais, coa celebración das denominadas Xuntanzas Fixar que fomentan o intercambio de experiencias e fortalecen as relacións entre os participantes do proxecto promovendo o desenvolvemento de novas ideas e proxectos no rural. Ademais, nelas afóndase no potencial do modelo coliving, que contribúe a facer fronte a retos como o demográfico ou a remuda xeracional. Tamén se creou un mapa para identificar e estudar os proxectos participantes, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de investigación e conexión de oportunidades no territorio ao abeiro dos mesmos.

Esta iniciativa é unha das multiples medidas encadradas na estratexia global de emprendemento impulsada polo Goberno galego e á que se destinarán máis de 32 millóns de euros neste exercicio, con especial foco no emprendemento ligado ao territorio. Accións coma esta fixeron a Galicia merecedora do galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025 polo labor á hora de potenciar proxectos que contribúan a fixar poboación nas catro provincias.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/05/2025
1027783 {"title":"As persoas emprendedoras seleccionadas na segunda edición do proxecto Fixar inician as súas estancias nos coliving Sende, Anceu e Islow","published_date":"2025-05-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/182185-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1027783"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-23/1027783-as-persoas-emprendedoras-seleccionadas-na-segunda-edicion-do-proxecto-fixar-inician-as-suas-estancias-nos-coliving-sende-anceu-e-islow https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.