A Xunta pon en valor en Celanova a acción coordinada entre as diferentes administracións e axentes sociais para combater a violencia de xénero
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou a importancia de seguir traballando tanto na prevención e sensibilización como na atención e seguimento dos casos
- Esta foi a primeira mesa que contou coa colaboración dunha entidade social específica para a creación de protocolos e que busca dinamizar a participación
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Celanova (Ourense), 21 de maio de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na mesa local de coordinación interinstitucional sobre violencia de xénero da Mancomunidade Terras de Celanova. Este encontro busca reunir ás diferentes administracións e axentes sociais para enfocar diferentes accións de loita e prevención das condutas machistas.
Durante o encontro, o director xeral destacou a importancia de manter unha coordinación constante entre as administracións públicas para loitar contra a violencia de xénero en todos os ámbitos sociais. Polo que fixo fincapé na importancia de traballar tanto na prevención e sensibilización como na atención e seguimento dos casos.
Roberto Barba tamén sinalou que esta foi a primeira mesa local que contou a colaboración dunha entidade específica para a creación de protocolos e que pretende mellorar as dinámicas de participación, co obxectivo de garantir unha acción coordinada entre todos os axentes sociais.
Ademais, puxo en valor o papel que desenvolven os Centros de Información á Muller (CIMS) na prevención e sensibilización contra esta lacra. Así, lembrou que hai 84 recursos destas características en Galicia e que dan servizo a preto de 200 concellos, un traballo que se coordina co resto de servizos sociais e forzas de seguridade do Estado que teñen un papel fundamental na loita contra a violencia de xénero cada día en todos os recunchos de Galicia.
Ademais, Roberto Barba lembrou que coa normativa galega vixente calquera muller que sufra violencia sexual é considerada unha vítima de violencia de xénero. Deste xeito, recalcou que serán beneficiadas de todas as prestacións económicas, asistenciais e psicolóxicas, entre outras, que garante o Executivo galego.
Nesta ocasión, o director xeral quixo poñer o foco no acontecido no día de onte no Barco de Valdeorras e que, a falta de confirmación oficial, apunta a un novo caso de violencia machista. Por iso, trasladou o seu apoio e o de todo o Executivo galego á vítima e aos seus achegados.