A Xunta achega a escolares de Ponteareas o programa ´Ti elixes´ a prol de continuar rachando cos estereotipos de xénero arraigados a determinadas profesións
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ponteareas (Pontevedra), 20 de maio de 2025
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto coa directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participaron esta mañá nunha nova xornada do programa Que non te líen, ti elixes no IES Val do Tea, ubicado no municipio de Ponteareas e onde tamén estivo a alcaldesa deste concello, Nava Castro. Nesta ocasión, o alumnado do 4º curso da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) recibiron a visita de representantes da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia (Fearmaga) e do sector forestal, que puxeron en valor o papel de mulleres de éxito profesional neste ámbito como fonte de inspiración para estimular o espírito crítico na identificación de estereotipos sexistas asociados a este eido, tradicionalmente masculinizado.
Pablo Fernández volveu a resaltar a importancia de este tipo de actividades, para que os máis novos sexan capaces de elixir unha profesión en base as súas habilidades, capacidades ou motivacións, botando a un lado os estereotipos de xénero arraigados a determinadas profesións. Neste senso, lembrou que esta actividade achegará a 77 centros de secundaria —todos eles sostidos con fondos públicos— esta 2ª convocatoria do curso 2024-2025 do programa, que ao igual que na 1ª convocatoria, promove charlas didácticas e debates dirixidos por persoal de asociacións, fundacións e clústeres de sectores con escasa representatividade feminina, poñendo en valor a aquelas mulleres referentes de éxito neses ámbitos para que poidan servir de exemplo ás novas xeracións.