A Xunta denuncia que o Goberno central consuma o recorte en políticas de igualdade ao aprobar a redución dos fondos do Plan Corresponsables
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Galicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros xa este ano para financiar actividades e recursos de conciliación de concellos, asociacións de pais e nais e entidades sociais

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A Xunta denuncia que o Consello de Ministros aprobou hoxe o recorte dun 25% da súa achega ao Plan Corresponsables, o que supón unha baixada de case 50 millóns de euros. Este recorte provoca unha diminución de fondos por parte do Ministerio de Igualdade para políticas de conciliación e corresponsabilidade, pasando de 190 millóns de euros a 142,5 xa para este mesmo ano.
A Xunta advirte de que con esta medida, que "amosa a falta de compromiso e de responsabilidade do Executivo central co fomento da conciliación e a igualdade", Galicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros que xa tiña comprometidos e que destina a tres liñas de axudas a concellos, entidades de iniciativa social e ANPAS, cuxa resolución está a punto de saír no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Con esta decisión, o Executivo central cambia o modelo de financiamento destes fondos que distribúe ás Comunidades Autónomas desde o ano 2021, o que supón "a modificación das regras de xogo na metade do exercicio", cando os orzamentos das Comunidades están xa en vigor e comprometidos.
Cómpre lembrar que a través destas subvencións, a Xunta sufraga accións de conciliación corresponsable durante todo o ano, campamentos, servizos de madrugadores, entre outros programas de sensibilización en materia de corresponsabilidade. O ano pasado, máis de 30.000 nenas e nenos e as súas familias beneficiáronse do Plan Corresponsables e, a través del, achegáronse recursos a 170 concellos, 60 ANPAS e unha vintena de entidades sociais, uns números que este ano Galicia ten previsto incrementar.