Fabiola García destaca que Galicia reforzará a atención residencial a maiores co impulso de 24 novas residencias en concellos de menos de 50.000 habitantes
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira reitera ao Goberno central que aborde o financiamento estrutural do sistema de atención á dependencia e cumpra co 50% do financiamento
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 20 de maio de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá na xornada 'Necesidades e retos da atención residencial de persoas maiores', organizada por Garrigues. Na súa intervención, destacou que o Goberno galego segue avanzando na atención ás persoas maiores e, tal e como anunciou o Presidente Rueda no Debate de Política Xeral, ten previsto construír 24 novas residencias públicas, o que permitirá habilitar 1.800 prazas en concellos de menos de 50.000 habitantes.
A conselleira participou nunha mesa de diálogo sobre o futuro da atención á dependencia e a colaboración público-privada na que tamén interviñeron representantes dos gobernos autonómicos de Asturias, Castela A Mancha e a Comunidade Valenciana. No coloquio, Fabiola García puxo en valor que Galicia conta actualmente con máis de 16.000 prazas residenciais públicas, o triplo que en 2009 e que segue aumentando esta cifra cos sete centros que constrúe e equipa a Fundación Amancio Ortega, que suman 900 prazas, coas 500 prazas de atención residencial incluídas no Plan de investimentos en centros municipais e coas 1.800 prazas das novas 24 residencias que vai impulsar en toda Galicia.
Fabiola García tamén destacou os avances na mellora da atención nos centros residenciais que supón o novo modelo de coidados implantado na rede autonómica. Neste sentido, lembrou que Galicia foi pioneira no desenvolvemento dun sistema de coidados que ten como piares fundamentais a atención personalizada, a mellora dos equipamentos, o uso das novas tecnoloxías e a formación continua dos profesionais. A finalidade é que os maiores que se aloxan en residencias se sintan como nos seus fogares e dispoñan dos mellores medios e sistemas para ter unha atención da máxima calidade.
Por último, a conselleira volveu insistir na necesidade de que o Goberno central cumpra o disposto na Lei de Dependencia e asuma ao 50% o financiamento dos servizos, algo que en Galicia non acontece, xa que, por exemplo, no 2023 achegou un 40% mentres que no 2024 limitouse a aportar un 34,9%.