A Xunta e o Concello do Carballiño analizan vías de colaboración para difundir a Festa do Pulpo e poñer en valor a contribución da emigración nesta vila
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

Ourense, 18 de maio de 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta semana co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, e o concelleiro de Turismo deste municipio, Manuel Dacal, para concretar vías de colaboración que contribúan a difundir fóra de Galicia a Festa do Pulpo deste municipio e a impulsar o seu potencial como motor socioeconómico para a contorna, así como accións para poñer en valor a contribución das persoas galegas emigrantes ao desenvolvemento desta vila.
En relación coa dinamización da actividade económica e coa vertebración do territorio, na xuntanza destacouse o labor do Polo de emprendemento do Carballiño, que leva atendidos máis de 240 proxectos e máis de 620 titorías realizadas. Os proxectos abranguen diferentes sectores, entre os que predominan os servizos (20%), a hostalaría (16%), e o comercio (14%). Das persoas atendidas neste polo preto do 60% son mulleres e nel lévanse realizado máis de 90 actividades entre reunións con entidades do territorio, accións de formación e eventos da rede.