Rueda destaca o papel esencial de Unións Agrarias na defensa do rural galego e reafirma o compromiso da Xunta co sector
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Reivindica a importancia de apoiar o asociacionismo agrario e do diálogo coa Administración
- Salienta a necesidade de priorizar a cuestión da remuda xeracional nas explotacións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá no 12º Congreso Nacional de Unións Agrarias, onde subliñou o papel central que desempeñan as organizacións profesionais agrarias na dinamización, representación e defensa do rural galego. A este respecto, Rueda puxo en valor a contribución de Unións Agrarias en ámbitos como a estruturación do territorio, dar voz aos produtores e favorecer o desenvolvemento sostible do sector primario. "Unións Agrarias é a primeira organización de representación agraria en Galicia, e creo que é un interlocutor fundamental que é moi plural, e que a defensa do noso agrario é a súa prioridade", destacou.
O presidente destacou tamén o apoio da Xunta ao asociacionismo agrario. Neste sentido, o orzamento destinado a estas organizacións polo Goberno galego experimenta en 2025 un incremento próximo ao 17%, acadando os 700.000 euros. Unha decisión que responde á vontade do Goberno galego de acompañar ás entidades que traballan no territorio a través de accións concretas como o asesoramento técnico, a formación, a defensa dos intereses dos produtores e a promoción da súa actividade. Rueda incidiu na importancia do diálogo da Administración con as asociacións: "Cando falamos de que queremos facer as cousas ben, escoitar a organizacións como a que hoxe celebran este congreso é das cousas que probablemente nos permita acertar", apuntou o presidente.
A remuda xeracional foi outro dos temas destacados por Rueda: "Todo o que temos por diante respecto á remuda xeracional nas nosas explotacións é fundamental. Hai que respectar o que nos identifica e hai que buscar semente nova, para garantir que todo o que fixemos ata o de agora non só se manteña, senón que mellore", subliñou. En xaneiro deste ano, a Xunta resolveu a convocatoria de 2024 das axudas para incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e apoio a pequenas explotacións, cun investimento global de 46 millóns de euros. Estes fondos permitiron apoiar máis de 320 mozos, 133 novos agricultores e 370 explotacións galegas.
Ademais, o presidente incidiu na importancia do aproveitamento e mobilización da terra. En concreto, mobilizáronse xa máis de 10.000 hectáreas a través de 34 polígonos agroforestais, 21 aldeas modelo e múltiples operacións de permuta. O Banco de Terras, pola súa parte, conta actualmente con máis de 7.000 hectáreas activas distribuídas por 18.000 parcelas.
Por último, o presidente volveu remarcar a importancia do diálogo entre administracións e con todas as asociacións que conforman a representación agraria de Galicia, para que este sector siga sendo un pulmón económico e de xeración de emprego na nosa comunidade: "Necesitamos renovarnos, e se nos renovamos no sector primario estaremos renovando o corazón de Galicia", concluíu o presidente.
O acto de clausura deste 12º Congreso Nacional de Unións Agrarias contará coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez.