A Xunta financia en Narón a construción dun centro de educación especial e servizo de atención temperá a través do Programa Leader

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións promovidas pola asociación Nuestra Señora de Chamorro que contaron cunha axuda de preto de 131.000 euros a través deste programa
  • Destacou o impacto positivo que proxectos coma este teñen no tecido social e económico das zona rurais, mellorando a oferta de servizos e as condicións para crear e manter postos de traballo

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Narón (A Coruña), 16 de maio de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o novo centro de educación especial e servizo de atención temperá da asociación Nuestra Señora de Chamorro, en Narón, un dos proxectos beneficiados pola última convocatoria das axudas da medida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, que contou cunha achega de 130.539,25 euros a través dos fondos designados pola Consellería do Medio Rural ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22.

O proxecto consistiu na construción industrializada dun edificio modular de planta baixa destinado a escola para nenos con discapacidade intelectual, cun espazo para asesoramento e información ás familias. Estas novas instalacións teñen permitido á entidade ampliar o centro de educación especial, así como prestar apoios académicos a nenos de entre 6 e 16 anos, e crear un servizo de atención temperá para menores de entre 0 e 6 anos do que carecían ata o momento.

A delegada territorial recoñeceu a importante labor social que presta a asociación Nuestra Señora de Chamorro á que felicitou por este proxecto que "ademais de mellorar os servizos que se prestan as persoas con discapacidade intelectual, redunda na dinamización do entorno rural, neste caso a parroquia naronesa do Val, mellorando as condicións para manter e crear postos de traballo", engadiu. Tamén lembrou que a Xunta de Galicia colabora con esta entidade a través da financiación de 132 prazas no seu centro de día e ocupacional e con diferentes axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.

Aneiros puxo en valor o traballo desenvolvido polos grupos de desenvolvemento rural, nomeadamente o de Seitura 22 ao que están adscritos os municipios do ámbito da Delegación Territorial e a través do que a Xunta concedeu axudas da medida Leader a un total de 12 proxectos nas anualidades 2023 e 2024. Trátase de iniciativas de desenvolvemento económico e social do territorio que reciben no seu conxunto de 892.502,21 euros de financiación.

Programa Leader

O programa Leader afonda na mellora das condicións para crear e manter emprego no rural, así como axuda a impulsar a economía con proxectos que xeran postos de traballo e asentan poboación. A medida atópase actualmente baixo o Plan Estratéxico da Política Agraria Común e asinouse un convenio de colaboración cos GDR para a aplicación das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo.

Deste xeito, o programa está dotado de 56,9 millóns de euros ata 2027, dos cales 17,6 millóns están destinados aos gastos de funcionamento e os 39,6 millóns adicionais son para as operacións a terceiros que se executarán a través de liñas de achegas.

Cómpre salientar que o pasado 30 de abril publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para a anualidade 2025, ao abeiro da Intervención Leader, cun orzamento de 12,6 millóns de euros. Neste sentido, o GDR Seitura 22 dispón de preto de 460.000 euros para financiar operacións promovidas por terceiros. O prazo para presentar as solicitudes de axuda remata o 30 deste mes.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2025
1019857 {"title":"A Xunta financia en Narón a construción dun centro de educación especial e servizo de atención temperá a través do Programa Leader","published_date":"2025-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/180680-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1019857"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-16/1019857-xunta-financia-naron-construcion-dun-centro-educacion-especial-e-servizo-atencion-tempera-traves-do-programa-leader https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.