Belén do Campo asiste á presentación da fundación Sergio Villar que nace para apoiar aos máis vulnerables
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada trasladoulle todo o apoio da Xunta, xa que esta entidade xa foi declarada polo Goberno autonómico,de interese público galego e desexoulle moita sorte con este ilusionante proxecto.

A Coruña, 10 de maio de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na presentación da Fundación Sergio Villar, unha organización sen ánimo de lucro que leva o nome de Sergio Villar, un mozo falecido nun accidente de tráfico cando tiña 18 anos, que era todo un exemplo de humanidade, solidariedade e xenerosidade. Na súa memoria a súa familia crea esta Fundación para dar un legado á altura da gran sensibilidade social de Sergio, un soño que hoxe bota a andar de forma oficial con paso firme.
A Fundación nace cun obxectivo claro: contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas e colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade, cunha atención especial á infancia e á adolescencia.
Entre os seus outros proxectos, destacou a delegada, están iniciativas en materia de práctica deportiva como forma de cohesión social, o compromiso ambiental e o ámbito sociocultural. Na súa intervención trasladoulle todo o apoio da Xunta, xa que esta entidade xa foi declarada polo Goberno autonómico, de interese público galego e desexoulle moita sorte con este ilusionante proxecto.