A Xunta critica un novo recorte do goberno central en políticas de igualdade ao reducir os fondos do Plan Corresponsables
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Galicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros xa este ano para financiar actividades e recursos de conciliación de concellos, asociacións de pais e nais e entidades sociais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, criticou hoxe o anuncio do Goberno central de recortar un 25% a súa achega ao Plan Corresponsables, case 50 millóns de euros. Este recorte supón unha diminución de fondos por parte do Ministerio de Igualdade para políticas de conciliación e corresponsabilidade de 190 millóns de euros a 142,5 xa para este mesmo ano.
Fabiola García sinalou que o Executivo de Sánchez pretende cambiar o modelo de financiamento destes fondos que distribúe ás Comunidades Autónomas desde o ano 2021, o que supón un cambio das regras de xogo na metade do ano, cando os orzamentos das Comunidades están xa en vigor e comprometidos. Ademais, lembrou que o Goberno tampouco contou coas Comunidades Autónomas para a elaboración e desenvolvemento do Plan Corresponsables.
A conselleira advertiu que con esta medida Galicia deixará de recibir 2,3 millóns de euros que xa tiña comprometidos. Neste sentido, lembrou que a Xunta destina estes fondos a tres liñas de apoios a concellos, entidades de iniciativa social e ANPAS, cuxa resolución ue está a punto de saír no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A través destas subvencións, a Xunta sufraga accións de conciliación corresponsable durante todo o ano, campamentos, servizos de madrugadores, entre outros programas de sensibilización en materia de corresponsabilidade. O ano pasado, máis de 30.000 nenas e nenos e as súas familias beneficiáronse do Plan Corresponsables e, a través del, achegáronse recursos a 170 concellos, 60 ANPAS e unha vintena de entidades sociais, uns números que este ano Galicia ten previsto incrementar.
A conselleira lamentou que o "o Goberno de Sánchez opte pola imposición en lugar do diálogo e tome medidas sen consultar ás Comunidades Autónomas, que somos outra vez as prexudicadas". Así mesmo, indicou que o recorte do Plan Corresponsables "amosa a falta de compromiso e de responsabilidade do Executivo central co fomento da conciliación e a igualdade".
Neste sentido, lembrou que este recorte súmase aos incumprimentos do Executivo central en materia de dependencia, onde a débeda supera xa os 2.500 millóns de euros, e tamén con respecto á gratuidade da escolas infantís de 0 a 3 anos. A pesar de que este é un dos compromisos electorais de Sánchez, o seu Goberno segue sen achegar nin un só euro a esta medida. A Xunta destina este ano máis de 60 millóns de euros para poñer a disposición das familias 32.000 prazas de balde no primeiro ciclo de Educación Infantil. Na nosa comunidade todas as escolas infantís son gratuítas para o 100% do alumnado.
Comisión Sectorial
Galicia trasladou esta mañá na Comisión Sectorial de Igualdade a súa preocupación por este cambio no modelo de financiamento imposto polo Goberno central sen contar coas Comunidades Autónomas e a metade do exercicio. A estas alturas do ano, a Xunta xa ten comprometidos todos os fondos do Plan con concellos, ANPAS e entidades de iniciativa social, xa que se realiza a través dunha tramitación anticipada de gasto co fin de que estas entidades dispoñan con tempo dos recursos económicos que necesitan para programar, executar e xustificar os fondos.