Miguel Corgos pon en valor o patrón de crecemento de Galicia perante as incertezas actuais da economía
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Resaltou que a senda de crecemento postpandemia de Galicia está marcada polo crecemento da demanda externa
- Sinalou que Galicia conta con tres grandes ferramentas para facer fronte ás incertezas da guerra arancelaria: o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, a sostenibilidade das finanzas públicas e o aliñamento das políticas comercias coa UE
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou hoxe no Almorzo-Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, onde impartiu o relatorio Patrón de crecemento e conxuntura: a incerteza que non cesa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 8 de maio de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo hoxe en valor o patrón de crecemento de Galicia perante as incertezas actuais da economía.
Durante a súa participación no Almorzo-Tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia, onde impartiu o relatorio Patrón de crecemento e conxuntura: a incerteza que non cesa, Miguel Corgos aseverou que esta situación de vantaxe débese a que a senda de crecemento postpandemia de Galicia está marcada polo crecemento da demanda externa.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública resaltou que a pesar do impacto que está a ter a guerra arancelaria, cunha revisión á baixa do crecemento das economías, Galicia conta con tres grandes ferramentas para facer fronte a esta nova situación.
Como primeiro instrumento, Miguel Corgos referiuse ao Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030, que avala que o Goberno galego traballa con previsións e que segue con rigorosidade a folla de ruta marcada. Unha folla de ruta que será sometida a revisión para adaptala á conxuntura actual e que conta con 5 eixes transversais: o reto demográfico, Galicia verde e sostible, competitividade e crecemento, cohesión social e territorial e gobernanza.
Como segunda ferramenta, resaltou a sostenibilidade das finanzas públicas, marcadas por un peche do orzamento 2024 cun superávit do 0,25%, mellorando as previsións iniciais, onde o obxectivo era xa o déficit cero; polo maior esforzo investidor de todas as comunidades autónomas, alcanzando o 16,4%; e pola redución da débeda en 234 millóns de euros, rebaixando a rateo débeda/PIB ata o 14,5%.
Todo isto, pagando con axilidade aos provedores: 17,3 días de media en 2024, é dicir, na metade da media de España. Esta axilidade beneficia aos case 15.700 provedores que traballan coa Xunta, pois favorece a súa liquidez, tendo en conta que moitos deles son pemes e autónomos.
Miguel Corgos recordou que a Comunidade galega é, ademais, a segunda con maior taxa de resolución dos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, superando en case 20 puntos a media das comunidades (18,3) e da Administración xeral (17,6), o no que respecta aos mercados, resaltou o aliñamento das políticas comerciais coa UE como terceiro elemento clave para facer fronte a este novo desafío.
Nesta liña, incidiu na necesidade de recuperar a estabilidade e forxar acordos comerciais de beneficio mutuo. E recordou que a credibilidade do marco de política monetaria -coa independencia dos bancos centrais como pedra angular- seguirá a ser fundamental.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública concluíu advertindo que as empresas precisan previsibilidade para avanzar, que a política monetaria terá que seguir anticipándose aos múltiples desafíos e que os mercados de divisas poden experimentar unha forte volatilidade. "Polo xeral, precísase un comportamento prudente, máis claridade e transparencia e unha maior colaboración", aseverou.