A Xunta impulsa as formacións regradas en materia de promoción da igualdade como garante dunha sociedade máis xusta e igualitaria
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Promoción da Igualdade destacou que o Executivo galego aposta pola formación en igualdade de xénero en todos os niveis educativos
- María Quintiana lembrou que esta semana se publicou no DOG as bases reguladoras da primeira convocatoria de axudas do programa Galicia Investiga Igualdade
- Ademais, no encontro coa entidade que organiza 'Festivala' destacou o seu labor na visibilidade ao papel das mulleres na industria musical
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 7 de maio de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou as instalacións da consultora Kaeme en Vilagarcía onde se está desenvolvendo un curso en materia de promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e que está financiada pola Xunta. Neste encontro, salientou que o Executivo galego impulsa estas formacións regradas como garantía dunha sociedade máis xusta e comprometida coa igualdade.
María Quintiana destacou que a Xunta de Galicia aposta pola formación específica en igualdade de xénero en todas as etapas educativas, desde o alumnado máis pequeno ata os estudos superiores, e que se materializa a través de cursos e actividades nos centros educativos. Neste sentido, fixo fincapé en que a sensibilización e prevención en todos os ámbitos sociais é clave para avanzar nunha Galicia máis igualitaria, un labor no que todos os axentes sociais son esenciais.
Así mesmo, lembrou que esta mesma semana o Diario Oficial de Galicia publicou as bases reguladoras da primeira convocatoria do programa Galicia Investiga Igualdade de apoio á investigación na etapa predoutoral en materia de xénero. Está dirixido a estudantes nas universidades galegas e permitirá apoiar un total de dez contratos, prorrogables durante catro anos e que se comezarán a desenvolver desde o vindeiro 1 de setembro.
Reunión coa asociación O soño de Lilith
A directora xeral de Promoción da Igualade tamén mantivo esta mañá en Vilagarcía de Arousa un encontro de traballo coa asociación O soño de Lilith, a entidade que organiza o encontro musical Festivala que este ano está dedicado ás cantareiras e a todas as mulleres do sector musical e que se celebrará o día 31 de maio.
Neste sentido, María Quintiana sinalou que este encontro dá visibilidade ás mulleres da industria musical, recoñecendo o seu traballo e legado á cultura galega. Este evento forma parte dos Concertos do Xacobeo, un programa amplo e plural impulsado por Turismo de Galicia que dá cobertura a todas as grandes citas e espectáculos musicais en 2025. Ademais, Festivala conta tamén co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.