Fabiola García insta a Corcubión a xestionar o centro de día construído polo concello e ofrece a colaboración da Xunta no seu funcionamento
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A conselleira destaca que a Xunta colabora cos municipios para mellorar a atención e os recursos ao alcance das persoas en situación de dependencia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe no Parlamento de Galicia que a Xunta colabora estreitamente cos concellos para mellorar a atención e os recursos ao alcance das persoas en situación de dependencia.
Neste sentido, e en resposta a unha pregunta parlamentaria, instou ao concello de Corcubión a seguir o exemplo doutros municipios que impulsan centros de día de titularidade municipal, cos que a Xunta colabora. Neste sentido, destacou que depende do alcalde poñer en servizo estas instalacións e que o Goberno galego colaboraría no seu funcionamento, como xa se realiza con outros centros de titularidade municipal, a través de axudas aos seus usuarios.
Na súa intervención, a conselleira destacou que o Goberno galego aposta por ofrecer ás persoas maiores diferentes alternativas e recursos. Neste sentido, lembrou medidas como o incremento de prazas residenciais, o Bono Coidado no Fogar ou a rede de Casas do Maior. Ademais, avanzou que a Xunta impulsa un novo plan que permitirá dotar a Galicia de 24 novas residencias e 1.800 novas prazas.