A Xunta mantén aberto ata o 12 de maio o prazo para que a cidadanía galega presente candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Estes galardóns son un recoñecemento público ao traballo de persoas e entidades a prol da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2025
A Xunta de Galicia mantén aberto ata o vindeiro 12 de maio o prazo de presentación de candidaturas ás Medallas Emilia Pardo Bazán 2024, que recoñece a contribución de persoas ou entidades na defensa e promoción da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres. Calquera persoa, organismo, entidade, asociación e mesmo administracións públicas que o desexe, pode presentar as súas propostas a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para formalizar a proposta, as persoas interesadas deben achegar unha memoria ou informe no que se expoñan os méritos polos que se insta a conceder o recoñecemento á persoa, entidade ou institución aspirante ao galardón.
A Xunta impulsou as Medallas Emilia Pardo Bazán no ano 2019 para enxalzar as accións relevantes a prol da igualdade efectiva e brindar unha recoñecemento público ás medidas desenvolvidas na nosa comunidade nese eido. A través destes premios, o Executivo autonómico contribúe á sensibilización social, a dar máis visibilidade aos talentos e capacidades das mulleres, e á difusión da traxectoria vital e profesional de persoas e entidades comprometidas con erradicar as discriminacións de xénero e coa construción dunha sociedade máis xusta.
Premios da última edición
Na edición de 2024, as Medallas Emilia Pardo Bazán outorgáronse aos tres Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia; Asociación ACADAR e a Rosa Celia Otero Raña (presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña).
Estes galardóns levan o nome de Emilia Pardo Bazán por tratase dunha precursora na defensa do dereitos das mulleres e do feminismo, e por ter reivindicado a educación das mulleres. Ademais, en todas as súas obras incorporou ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres ás mesmas oportunidades que os homes.