A Xunta financia o 100 % das obras do novo centro de día de Vilamarín, recentemente iniciadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Destínanse 600.000 euros á construción deste servizo de titularidade municipal, que contará con 30 prazas
- Esta actuación forma parte do Plan de investimentos que está a facer o Executivo autonómico para reforzar a rede local de centros de atención ás persoas maiores
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vilamarín (Ourense), 4 de maio de 2025
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou esta semana o forte pulo que a Xunta está a dar á rede local de atención ás persoas maiores a través do Plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de centros que dependen dos concellos. Díxoo durante a súa visita o pasado venres ás obras do centro de día de Vilamarín, un dos novos equipamentos que se están a poñer en marcha na nosa comunidade ao abeiro deste plan.
Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde do municipio ourensán, Amador Vázquez, sinalou que o Goberno galego financia o 100 % das obras deste servizo de atención diúrna que está a executar o concello. En concreto, invístense 600.000 euros nun equipamento que disporá de 30 prazas e cuxa titularidade e xestión corresponderá á Administración local.
Ademais deste centro de día, a Xunta está a financiar outra vintena de actuacións con cargo a este Plan de investimentos, ao que se destinan 18,5 millóns de euros de fondos europeos. O programa de intervencións inclúe residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais, e foi acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A través del, crearanse 650 novas prazas públicas en residencias e centros de día en concellos máis rurais e con menor poboación.