A Xunta pon en valor en México as oportunidades que ofrece Galicia para as persoas emigrantes que desexen retornar e para o investimento

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Na xuntanza cos representantes diplomáticos de España en México ambas partes analizaron posibles iniciativas conxuntas para fomentar o investimento e a colaboración máis estreita a prol da atención dos galegos en México
  • José González salientou o labor clave da embaixada de España en México e da diplomacia española en xeral na atención e protección da diáspora galega, un traballo que realiza da man do Goberno galego
  • No encontro con empresarios galegos, o conselleiro puxo de relevo as oportunidades de investimento en Galicia en sectores estratéxicos como a tecnoloxía, a enerxía e a agroindustria, entre outros
  • Tamén trasladou aos empresarios galegos o interese do Executivo autonómico en colaborar para difundir e potenciar neste país o selo Artesanía de Galicia e, no eido da hostalaría e restauración, destacou o proxecto Artesanía no prato

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Cidade de México (México), 1 de maio de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co embaixador de España en México, Juan Duarte Cuadrado e outros representantes da embaixada para reforzar as canles de colaboración existentes entre ambas partes a prol do apoio ás persoas galegas residentes en México. Posteriormente, o conselleiro e o secretario xeral da Emigración, participaron nun encontro empresarial coa Unión Mexicana de Empresarios Galegos (Umegal) para poñer en valor o importante papel do tecido empresarial galego no exterior.

A reunión co embaixador, enmárcase no contacto que mantén o Goberno galego con estas institucións para a coordinación de esforzos no impulso de programas de retorno e da difusión das oportunidades laborais de Galicia, entre outros aspectos. Nela, ambas partes analizaron posibles iniciativas conxuntas para fomentar o investimento e a colaboración máis estreita a prol da atención dos galegos en México ao tempo que se promove a proxección internacional da cultura e economía galegas. Deste xeito, búscase novas fórmulas de cooperación que beneficien aos galegas e galegas do exterior.

Neste sentido, o conselleiro salientou o labor clave da embaixada de España en México e da diplomacia española en xeral na atención e protección da diáspora galega e neste caso concreto nos máis de 15.500 galegos residentes en México. Un labor, subliñou, que realiza da man do Goberno galego e ao que Galicia ofrece a súa experiencia como terra de oportunidades co fin de ser parte activa na conexión entre Europa e Hispanoamérica a través de México.

Un exemplo do que representa a comunidade galega como oportunidade, son os resultados da primeira edición da Estratexia Galicia Retorna, desenvolvida entre 2018 e 2022 e que supuxo a volta de 28.000 galegos procedentes de máis de 40 países.

Encontro con empresarios galegos

En canto ao encontro con empresarios galegos, nel o conselleiro puxo de relevo as oportunidades de investimento en Galicia en sectores estratéxicos como a tecnoloxía, a enerxía e a agroindustria, entre outros. Tamén fixo fincapé nas axudas da Administración galega para facilitar o emprendemento e a actividade profesional en Galicia das persoas retornadas, a través da Estratexia Galicia Retorna, así como no apoio á expansión de negocios galegos no exterior e á súa internacionalización.

Durante o encontro, cunha ampla presenza de empresarios vencellados ao ámbito da hostalería e da restauración, José González salientou a forte presenza dos empresarios galegos en México e a grande oportunidade que representan para difundir a marca Galicia. Nesta liña, trasladou o interese do Goberno galego en colaborar para difundir e potenciar neste país o selo Artesanía de Galicia e o produto artesán galego.

No eido da hostalaría e restauración, destacou o proxecto Artesanía no prato, que marida artesanía e gastronomía ofrecendo unha imaxe contemporánea de Galicia. Unha fusión, subliñou o conselleiro, que reforza a visibilidade e posicionamento de ambos sectores e na que a artesanía ofrece a gastronomía soportes para fortalecela sobre pezas de deseños especiais. Ademais, expuxo que é un exemplo de colaboración público-privada para impulsar proxectos que redunden no desenvolvemento económico e en alianzas entre Galicia e México.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 01/05/2025
1006217 {"title":"A Xunta pon en valor en México as oportunidades que ofrece Galicia para as persoas emigrantes que desexen retornar e para o investimento","published_date":"2025-05-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1688272\/20250430SXERLPresentacionXerme.jpg","id":"1006217"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-05-01/1006217-xunta-pon-valor-mexico-as-oportunidades-ofrece-galicia-as-persoas-emigrantes-desexen-retornar-e-investimento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.