Fabiola García destaca que a actuación coordinada permitiu que non se rexistrasen incidencias importantes nas residencias de maiores

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A conselleira fixo fincapé en que se actuou en todo momento tendo en conta o benestar dos maiores e en colaboración con todos os axentes implicados
  • Puxo en valor que se deu resposta a cada unha das necesidades rexistradas, como a xestión de ambulancias, o subministro de bombonas de osíxeno, a dotación de xeradores de electricidade e o subministro de combustible
  • No caso concreto da residencia de Boqueixón destacou que a dirección do centro solicitou un reforzo de osíxeno para algúns dos usuarios, que se puido solucionar de xeito rápido
  • Agradeceu o seu esforzo e compromiso á dirección das diferentes residencias, a todo o persoal, aos usuarios dos centros e ás súas familias
Imagen del artículo Fabiola García destaca que a actuación coordinada permitiu que non se rexistrasen incidencias importantes nas residencias de maiores
Boqueixón (A Coruña), 30 de abril de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a residencia de maiores Santa Olalla en Boqueixón para comprobar a situación do centro tras o apagamento eléctrico xeral. Na visita, na que estivo acompañada polo alcalde do municipio, Ovidio Rodeiro, puxo en valor a actuación coordinada durante a xornada do luns e o feito de que non se rexistraron incidencias importantes nos centros residenciais de maiores de Galicia.

Fabiola García fixo fincapé en que se actuou en todo momento tendo en conta o benestar dos maiores e en coordinación con todos os axentes implicados. Deste xeito, explicou que a Xunta puxo en marcha unha serie de medidas entre as que destacou que o estrito control das necesidades de todas as residencias da comunidade, algo que foi posible grazas ao traballo conxunto con Protección Civil e os corpos e forzas de seguridade, aos que agradeceu o seu esforzo e compromiso.

Na visita á residencia, na que estivo acompañada polo director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, e pola directora do centro, Silvia López, a conselleira explicou que, seguidamente, foise dando resposta a cada unha das necesidades como a  xestión de ambulancias, o subministro de bombonas de osíxeno, a dotación de xeradores de electricidade e o subministro de combustible.

No caso concreto da residencia de Boqueixón, destacou que a dirección  do centro solicitou un reforzo de osíxeno para algúns dos usuarios, que se puido solventar reenchendo as bombonas necesarias. Ademais, a Consellería de Política Social e Igualdade e a dirección do centro estiveron en contacto para xestionar traslados de usuarios cando foi preciso.

Fabiola García quixo agradecer o seu esforzo e compromiso á dirección das diferentes residencias, ao persoal e aos usuarios dos centros. Tamén lembrou ás familias e aos concellos, que demostraron a súa colaboración en todo momento. Por último, a conselleira apostou por que "todos debemos aprender desta situación" e seguir traballando para que as residencias "continúen sendo espazos seguros, preparados e humanos, mesmo ante os imprevistos".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 30/04/2025
1005361 {"title":"Fabiola García destaca que a actuación coordinada permitiu que non se rexistrasen incidencias importantes nas residencias de maiores","published_date":"2025-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1005361"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-30/1005361-fabiola-garcia-destaca-actuacion-coordinada-permitiu-non-se-rexistrasen-incidencias-importantes-nas-residencias-maiores https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.