A Xunta destaca en Ourense o valor da artesanía na dinamización comercial e cultural das vilas e cidades galegas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración da XXVIII edición da Feira de Artesanía de Ourense
- Celebraráse ata o domingo 4 de maio no Parque de San Lázaro e está organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense coa colaboración da Xunta
- Na feira participan un total de 15 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados na xoiería, no coiro, na cestería, no bordado, na bixutería, nos instrumentos musicais, no papel, nos arranxos florais e no téxtil

Ourense, 26 de abril de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na inauguración da XXVIII Feira de Artesanía, que se celebra no Parque de San Lázaro ata o domingo 4 de maio. O evento está organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense e conta coa colaboración da Xunta.
Gabriel Alén, destacou o valor deste tipo de actividades de comercialización e de divulgación dos nosos oficios artesanais na posta en valor da marca Artesanía de Galicia e na dinamización comercial e cultural das nosas vilas e cidades.
Nesta edición participan como expositores 10 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados na xoiería, na bixutería, no manipulado de papel e no téxtil, en concreto, Paznavas (A Coruña), Amorei (Soutomaior), Mario López (Xoiería), Suso Calo - Lobo Tolo (Moaña), Luciérnaga (Barbadás), Chueco (A Coruña), Silvereira (Ames), María Aba (Ourense) e A Sariña Maquinando (Lugo).
Na programación deste ano inclúense tamén obradoiros de diferentes oficios, entre os que se atopa o de cestería que hoxe imparte Julia de la Cal, de La Parabólica, gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2024. Mañá domingo celebrarase un obradoiro de arte en papel a cargo de Mioco, o venres 2 de maio Marcos Domato amosará como se constrúe unha guitarra clásica, o sábado 3 Minia Banet de Variopinto impartirá un obradoiro de bordado sobre fotografía en papel, e o domingo 4, Sonia Álvarez de Olueis ofrecerá un obradoiro de arranxos florais.
O horario de apertura da feira é de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 h. a 21,00 h., e na programación de actividades inclúense tamén actuacións musicais e un sorteo diario de pezas artesás.