Rueda participa na Coruña na inauguración da exposición que conmemora o décimo aniversario da proclamación de Felipe VI
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O presidente da Xunta visitou a mostra que poderá verse ata o vindeiro 1 de xuño no Palacio de Capitanía

A Coruña, 25 de abril de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración da exposición Felipe VI 2014-2024. Una década de la Historia de la Corona de España, que poderá verse no Palacio de Capitanía da Coruña ata o vindeiro 1 de xuño.
No acto, no que participou a ministra de Defensa, Margarita Robles, xunto con outras autoridades civís e militares, realizouse un percorrido pola mostra, enmarcada nos actos de celebración do décimo aniversario da proclamación do Rei Felipe VI, no 2024.
O Palacio Real de Madrid foi a sede inaugural da exposición, que xa visitou diferentes cidades e que repasa, a través dun vídeo documental e de fotografías de gran formato os acontecementos máis importantes desta década, tanto nos ámbitos nacional e internacional, como no social, deportivo ou cultural. A exposición compleméntase cunha publicación en formato xornal.