A Xunta abre o prazo para participar nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As actividades comezarán o 13 de xullo e prolongaranse ata o 14 de setembro e ofertaranse dúas modalidades: aventura na natureza ou xunto ao mar
- Establécense varios grupos en función das idades e con varias quendas ao longo do período estival
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2025
A Xunta mantén aberto ata o día 5 de maio o prazo para solicitar praza nun dos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade con idades comprendidas entre os 11 e os 50 anos de idade. Esta iniciativa desenvolverase entre o 13 de xullo e o 14 de setembro nas dúas Residencias de Tempo Libre da Xunta, a de Carballiño e Panxón (Nigrán), e no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo).
Ao longo de todo o verán haberá diferentes quendas de participación cunha duración de 10 días cada unha, polo que as persoas interesadas poderán marcar a súa preferencia segundo os períodos dispoñibles. Ademais, establécese diferentes grupos segundo a idade dos participantes que poderán escoller entre dúas modalidades de ocio: aventura na natureza ou xunto ao mar. En ambos casos, as accións que se desenvolvan serán completamente accesibles para todos.
Os campamentos contemplan o aloxamento en réxime de pensión completa e a realización das actividades dirixidas ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza, ao coñecemento da nosa cultura ou á educación para a saúde. Ademais, durante a estancia haberá un equipo formado por especialistas nos ámbitos educativo, sanitario, psicolóxico e terapéutico para que os participantes teñan todo o apoio que necesitan e desfruten ao máximo da estadía.
Con este programa, o Goberno galego ofrece ás persoas con discapacidade os recursos que precisan para desfrutar do verán con todas as oportunidades e servizos a súa disposición e que supón tamén un impulso para a conciliación familiar.