Rueda aposta pola cooperación e a lealdade institucional para seguir construíndo "a Galicia Calidade que todos queremos"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Salienta a unión de institucións públicas, arcebispado, grupos parlamentarios e sociedade civil que permite a posta en marcha da nova entidade
  • Sinala que a fundación se converte no instrumento idóneo para "materializar a elevada responsabilidade que se nos encomenda" e aposta por recuperar un espazo "de enorme carga simbólica que representa a todos os galegos e a todas as galegas"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por seguir avanzando "no camiño da cooperación e a lealdade institucional", sinalando que "seguir construíndo esa Galicia Calidade que todos queremos significa seguir traballando unidos no fundamental, por encima das diferenzas".

Así o apuntou durante a súa intervención no acto de constitución da Fundación Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, celebrado esta mañá en San Domingos de Bonaval. Rueda louvou a unión de institucións públicas —Xunta, Parlamento de Galicia e Concello de Santiago—; arcebispado, grupos parlamentarios, e sociedade civil que permite a posta en marcha desta entidade, facendo un especial agradecemento ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.

O presidente autonómico Incidiu en que a nova fundación ten que ser "o instrumento idóneo para materializar a elevada responsabilidade que se nos encomenda", e apostou por recuperar un espazo "de enorme carga simbólica que representa a todos os galegos e a todas as galegas". Así, sinalou que o Panteón "ten que ser o símbolo de toda Galicia, coas súas diferentes ideoloxías, coas súas diferentes aspiracións e plantexamentos, pero co obxectivo común de identificar a nosa identidade como pobo".

O responsable do Goberno galego referiuse a Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Francisco Asorey, Ramón Cabanillas, Domingo Fontán e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e subliñou que "nas figuras que aquí están honradas converxen os mellores sentimentos do noso pobo, sempre guiados por ese galequismo integrador" que, tal e como apuntou o presidente, "alenta e inspira, debería facelo, o labor cotián de todas as institucións que hoxe asinamos este documento".

Tal e como lembrou Rueda, a Fundación Panteón de Galegas e Galegos Ilustres é unha entidade pública adscrita ao Parlamento de Galicia. Xorde ao abeiro da Lei do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade en xullo de 2023, logo da proposta canalizada polo Consello da Cultura Galega para dotar de seguridade xurídica ao Panteón e da que foron partícipes diferentes entidades representativas da sociedade civil da Comunidade Autónoma.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 12/04/2025
989905 {"title":"Rueda aposta pola cooperación e a lealdade institucional para seguir construíndo \"a Galicia Calidade que todos queremos\"","published_date":"2025-04-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/174549-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"989905"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-12/989905-rueda-aposta-pola-cooperacion-e-lealdade-institucional-seguir-construindo-galicia-calidade-queremos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.