A Xunta destaca o papel dos mercados e prazas de abastos como motores de dinamización do comercio local galego
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, respondeu hoxe a unha pregunta na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo relacionada coa orde de axudas para potenciar e dinamizar os mercados e prazas de abastos
- Cunha achega de 3,3M€, esta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración oriéntase a ampliar a rede de Mercados Excelentes
- Alén destacou o compromiso do Executivo galego co comercio de proximidade, reflectido no novo Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 ao que se destinan 320M€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, compareceu hoxe ante a Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo para dar resposta a unha pregunta relacionada coa nova convocatoria da orde de axudas para potenciar e dinamizar as prazas de abastos e o seu impulso para acadar o selo de Mercados excelentes, un dos elementos clave no recentemente aprobado Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 ao que o Executivo galego destina 320 millóns de euros.
As prazas de abastos son un dos axentes dinamizadores máis importantes no eido do comercio de proximidade, así o manifestou o director xeral, que resaltou que nesta convocatoria da orde de achegas —que pasa a ser bianual— mobilizaránse ata 3,3M€ dos fondos propios cunha financiamento do 80% para promover, por un lado, accións dirixidas ao mantemento e mellora dos Mercados excelentes xa existentes na Comunidade e, polo outro, accións de diagnose, formación ou obras de rehabilitación para aqueles que desexen solicitar este selo, ademais de apoios á dinamización e fidelización. Neste senso recordou, que a este orzamento súmase o investimento consignado para as prazas de abastos de Ourense e Ponteareas, superando en total os 5M€ dentro da aposta da Xunta para a revitalización e transformación das prazas de abastos galegas.
Gabriel Alén, fixo fincapé na importancia deste espazos comerciais no desenvolvemento do comercio local non só pola calidade dos seus produtos, servizos ou atención personalizada, senón tamén como actores do comercio de atracción, destacando a promoción doutra das máis de 70 accións recollidas no Plan estratéxico do comercio 2025-2030 como é a campaña Prato de Mercado, na que se busca establecer sinerxías entre os restaurantes da contorna e os praceiros dos mercados.
Balance positivo
O director xeral, destacou os bos resultados obtidos ao abeiro desta orde no 2024, duplicándose o número de solicitudes con respecto á convocatoria do ano anterior e achegando axudas a preto de 30 concellos e case 20 asociacións e federacións de prazas de abastos.
O obxectivo marcado na folla de ruta do Goberno galego é seguir consolidando a rede de Mercados Excelentes, chegando ata os 25 mercados con este selo no ano 2030, atraendo deste xeito aos consumidores e dinamizando o comercio local da contorna.