A Xunta financia con 500.000 euros a ampliación da residencia de maiores de Crecente
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As obras xa comezaron e suporán a creación de 18 novas prazas, coas que o centro aumentará a súa capacidade ata as 56
- Esta actuación enmárcase no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción e reforma de instalacións municipais
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Crecente (Pontevedra), 11 de abril de 2025
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a residencia municipal para persoas maiores San Pedro, na que a Xunta inviste 500.000 euros nunhas obras de ampliación que xa están en marcha. Crearanse 18 novas prazas, coas que o centro aumentará a súa capacidade ata as 56.
Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde, Julio César García-Luengo, explicou que estes traballos se desenvolven no marco do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos concellos. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).
O xerente do Consorcio destacou o compromiso do Executivo autonómico cun modelo de atención e coidados baseado na calidade e na proximidade. Neste sentido, indicou que o Plan de Investimentos está destinado a concellos rurais de menor poboación e que permitirá reforzar a rede local de recursos para as persoas maiores, coa creación de 650 prazas de atención residencial e en centros de día.