A Xunta avanza na consolidación da economía social en Galicia como motor de emprendemento ligado ao territorio e dinamizador de sectores emerxentes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, compareceu esta mañá na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego para dar conta do avance da Estratexia galega de economía social
  • Con horizonte en 2027, destacou que o seu obxectivo é posicionar estas fórmulas de negocio no eido tecnolóxico, verde e industrial, así como na economía dos coidados, salientando a súa capacidade para dar resposta a novas áreas de desenvolvemento
  • Puxo en valor que o pasado ano se crearon preto de 300 novas entidades de economía social que implicaron a arredor de 750 persoas socias promotoras, das cales preto da metade foron mulleres
  • Resaltou que na consecución e éxito destes resultados ten sido fundamental a aposta estratéxica da Xunta a prol do sector, con liñas chave, que continúan este ano, como Aprol Economía Social ou o Bono Consolida
  • En 2025 a Xunta ten orzamentados preto de 45 millóns de euros á economía social e, coincidindo coa celebración do Ano Internacional das Cooperativas, avanzará na nova Lei de cooperativas de Galicia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, compareceu esta mañá na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego para dar conta do avance da Estratexia galega de economía social, unha planificación con horizonte en 2027 que busca impulsar este modelo empresarial como motor de xustiza social, garante de emprego inclusivo e ferramenta indispensable para seguir fortalecendo o tecido emprendedor galego. Unha folla de ruta, sinalou, que se cimenta en tres piares fundamentais —as persoas, as entidades e a gobernanza— co obxectivo de posicionar estas fórmulas de negocio nos sectores tecnolóxico, verde e industrial, así como na economía dos coidados, salientando así a súa capacidade para dar resposta a áreas emerxentes da sociedade actual.

Na súa intervención, a directora xeral destacou que o pasado ano se crearon preto de 300 novas entidades de economía social que implicaron a arredor de 750 persoas socias promotoras, das cales preto da metade foron mulleres. Así mesmo, xeráronse máis de 1.000 postos de traballo. En paralelo, a Rede Eusumo, unha das ferramentas fundamentais para o apoio e fomento da economía social en Galicia, levou a cabo mais de 110 actividades formativas e de sensibilización, nas que participaron máis de 3.000 persoas. Na consecución e éxito destes resultados, resaltou, ten sido fundamental a aposta estratéxica da Xunta a prol do sector, con liñas chave —que continúan este ano— como Aprol Economía Social ou o Bono Consolida, así como o apoio e diálogo constante coas entidades asociativas ou o labor do Consello Galego da Economía Social, cuxo obxectivo é promover e coordinar políticas públicas que favorezan o desenvolvemento deste modelo.

Marta Mariño defendeu, ademais, que a economía social tamén é un piar fundamental na estratexia global de emprendemento ligado ao territorio que ten en marcha o Goberno galego, poñendo en valor o rol histórico das cooperativas no desenvolvemento de proxectos baseados en recursos locais e o seu papel de xeración de emprego e fixación de poboación nas áreas non urbanas.

Nova lei de coooperativas

Para seguir desenvolvendo esta folla de ruta, en 2025 a Xunta ten orzamentados preto de 45 millóns de euros a este sector, buscando visibilizar aínda máis o impacto positivo destas fórmulas de negocio e consolidando a boa marcha da economía social. Entre as actuacións previstas —ademais da continuidade das diferentes liñas de financiamento—  continuarase avanzando, entre outras moitas medidas, no reforzo da cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal con proxectos como a Rede de aceleradoras transfronteirizas de economía social ES-Factory. Tamén en accións a prol da visibilidade, como o Certame do Cooperativismo no Ensino —co prazo de presentación aberto ata o 30 de abril— ou os Premios á Cooperación. En paralelo, a través dun programa de apoio a mulleres emprendedoras directivas, socias e traballadoras, formarase a máis de 40 mulleres en habilidades técnicas e de liderado.

Así mesmo —e coincidindo coa celebración do Ano Internacional das Cooperativas— a Xunta avanzará na nova Lei de cooperativas de Galicia, lexislando e adaptando a normativa á realidade actual e ao futuro da nosa Comunidade, co obxecto de axilizar a creación de novas entidades e de consolidar as xa existentes, dándolle pulo ao Rexistro autonómico de cooperativas.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 10/04/2025
985295 {"title":"A Xunta avanza na consolidación da economía social en Galicia como motor de emprendemento ligado ao territorio e dinamizador de sectores emerxentes","published_date":"2025-04-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/173723-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"985295"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-04-10/985295-xunta-avanza-na-consolidacion-da-economia-social-galicia-como-motor-emprendemento-ligado-ao-territorio-e-dinamizador-sectores-emerxentes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.