López Campos erixe a cultura como "transmisora de valores sociais e antídoto contra as desigualdades"
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Salienta a súa "validez e eficacia" para difundir valores que propicien unha sociedade "máis xusta e igualitaria"
- Destaca que a Xunta está a espallar este tipo de programación por todo o territorio galego dentro das liñas de actuación da recente Lei de cultura inclusiva e accesible
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Estrada (Pontevedra), 10 de abril de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, enxalzou hoxe o papel que desenvolve a cultura como "transmisora de valores sociais e antídoto contra as desigualdades". Así o puxo en valor tras asistir á peza teatral Golpes, unha obra de denuncia dos comportamentos machistas protagonizada por Estíbaliz Veiga e dirixida por Xosé Leis, que se representou no instituto Manuel García Barros da Estrada, á que tamén asistiu o director xeral de Loita contra a violencia de xénero, Roberto Barba.
"A cultura é unha ferramenta que se ten demostrado válida e eficaz contra a intolerancia, o sexismo, a violencia ou outros comportamentos sociais inaceptables a erradicar" asegurou López Campos, quen o atribuíu a que "consegue tirar proveito do potencial que teñen as emocións coas que se traballa para concienciar, sensibilizar e propiciar unha sociedade máis xusta e igualitaria".
O representante de Cultura do Goberno galego considerou "máis que necesaria e axeitada" este tipo de programacións culturais para darlle visibilidade "a problemas tan importante e tan sensibles, como é, neste caso, a violencia sexista" e que, ao seu entender, son creacións artísticas que contan "con máis valor, se cabe, cando se representan e dirixen á xente máis nova".
Responsabilidade transversal e colectiva
Ao respecto, defendeu que desde todos os ámbitos, que van desde a Administración á ensinanza, á familia, ao medios de comunicación e ao global da sociedade, "se ten a responsabilidade de inocular na nosa xuventude que as relacións, sexan de parella, amizade, laborais ou de convivencia social, só poden estar baseadas na igualdade e no respecto". "E desde a cultura, na difusión desta mensaxe, temos moito que aportar", aseverou.
Neste senso, López Campos salientou o feito de que esta representacións teatral se poida ofrecer e achegar a concellos do rural, como o da Estrada, e que inscribiu dentro das liñas de actuación da recente Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, "unha normativa pioneira que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro, pero que xa recolle froitos dunha estratexia na que xa levamos moito tempo traballando no Goberno galego", concluíu.