Rueda salienta a importancia da empatía no liderado político e na cohesión social
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Entrega o premio Ciencia e Humanismo, que este ano distinguiu á investigadora Nazareth Castellano, á escritora Sonia Fernández-Vidal e ao empresario Gustavo Bertolotto, este último de xeito póstumo
- Trátase da 4ª edición dun festival nado en 2016 da man da International Coaching Community e o Instituto Ben Pensante, en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no IV Festival Solidario No Solo Coaching, un encontro que reúne a preto de 20 poñentes especializados en formación persoal, desenvolvemento emocional e motivación profesional, procedentes dos eidos científicos, académicos ou tecnolóxicos, entre outros.
Rueda subliñou a necesidade de desenvolver unha maior empatía no día a día, apostando por "aprender que na vida non todo son obxectivos como única meta. No camiño está empatizar coa xente á que te dirixes, porte na pel de quen te escoita".
Neste senso, o xefe do Executivo autonómico agradeceu o traballo levado a cabo por Daniel Álvarez, fundador do Instituto Ben Pensante e promotor do festival, así como da Fundación Vicente Ferrer, aos que agradeceu o seu compromiso "en traballar seriamente pola cooperación en Galicia".
No tocante ao coaching, o presidente asegurou que funciona como unha ferramenta de crecemento persoal e profesional. "O coaching ao final é o resultado. Todo o demais é un camiño no que, se queres que as cousas saian ben, tes que pensar como pensan os demais e entender que merecen toda a túa atención", concluíu.
O encontro incluíu a entrega do Premio Ciencia e Humanismo, que nesta edición recoñeceron a Nazareth Castellanos, investigadora e divulgadora de neurociencia e directora do laboratorio Nirakara; Sonia Fernández-Vidal, escritora e divulgadora; e Gustavo Bertolotto, ao que se lle concedeu de xeito póstumo, que centrou a súa traxectoria na neurolingüística e na intelixencia emocional.