Arias felicita a Asorlu polo 50 aniversario e reitera o apoio da Xunta ao seu labor a prol das persoas xordas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Lugo, 5 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nos actos de celebración do 50 aniversario da Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu), que preside Daniel Lourés.
Arias felicitou á entidade polo traballo que desenvolven e reiterou o apoio da Xunta para o desenvolvemento de medidas que faciliten a inclusión e plena autonomía das persoas xordas en todos os ámbitos. Ao respecto, lembrou que distintos departamentos autonómicos subscriben convenios coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para reforzar aspectos como a participación en eventos de carácter institucional ou o desfrute dos espazos protexidos, centros de interpretación e aulas da natureza da Comunidade.
Explicou que tamén se fixeron avances ao abeiro da 'Lei de Cultura inclusiva e accesible de Galicia', e sinalou que a Consellería de Política Social e Igualdade, no marco da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e o imposto de sociedades que xestiona, sufraga con case 700.000 euros quince programas que desenvolve a Federación en Galicia.