A Xunta inviste 30.000 € en Burela na mellora das instalacións do centro de día de menores San Aníbal
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, pon en valor o labor da entidade Fillas do Divino Celo-Rogacionistas en favor do benestar dos nenos e nenas que empregan este recurso
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Burela (Lugo), 4 de abril de 2025
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de menores San Aníbal para comprobar o resultado das obras de mellora que se acometeron nas instalacións. Entre as actuacións realizadas, destaca a dotación dun novo parque infantil con elementos adaptados a nenos e nenas con discapacidade.
En total, o importe das obras realizadas ascendeu a preto de 37.000 euros, dos que a Xunta achega 30.000€. Este investimento tamén permitiu a ampliación do espazo de comedor, sala polivalente e sala de estar, creando unha área para novas tecnoloxías. Ademais, instalouse un parque infantil exterior, que hoxe foi inaugurado.
Na súa visita, o director xeral de Familia puxo en valor o labor diario que realiza a entidade Fillas do Divino Celo-Rogacionistas en favor do benestar dos nenos e nenas que empregan este recurso.