A Xunta saca a licitación a xestión, mantemento e limpeza do parque acuático de Monterrei para a vindeira campaña de verán que comeza o 18 de xuño

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O presuposto da licitación será de máis de medio millón de euros, suporá a contratación de 43 persoas e xa está publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia
  • A campaña de 2024, no primeiro ano de funcionamento coa primeira fase completada e con apertura de xuño a setembro, o parque acuático recibiu preto de 100.000 persoas usuarias

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago, 28 de marzo de 2025

A Xunta de Galicia, a través da Fundación Deporte Galego, vén de sacar a licitación a contratación da xestión, mantemento básico e limpeza do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei para a campaña de verán de 2025 que comeza o vindeiro 18 de xuño e estenderase ata o 14 de setembro. Nestes días, as instalacións do parque acuático permanecerán abertas nun horario ininterrompido de 12,00 a 21,00 horas, todos os días da semana. A licitación xa está publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.

Como novidade, este ano incorporarase o mantemento do sistema de depuración de auga, cumprindo cos controis e analíticas de auga regulamentarias. A maiores se incluirán os servizos de xestión, mantemento básico e limpeza das instalacións. A prestación destes servizos suporá a contratación de 43 persoas, divididos nas seguintes categorías: 19 persoas socorristas, dúas enfermeiras, tres recepcionistas e outras 19 con funcións de mantemento e limpeza. A Fundación Deporte Galego garantirá a presenza de 16 traballadores de xeito continuado nas instalacións.

O presuposto da licitación será de máis de medio millón de euros (516.005,50 euros), e criterios como a aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación terán o seu peso no proceso de adxudicación.

Novas atraccións

Cómpre lembrar que, nas vindeiras datas sairá a licitación a terceira e cuarta fase das obras do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei para completar o equipamento lúdico e deportivo ampliando a instalación cara o noroeste con novos tobogáns e elementos de multiaventura.

A fase 3 consiste en instalar catro tobogáns de caída libre en paralelo e a fase 4 será un parque multiaventura con elementos de xogos, como tirolesas, cordas, circuítos en altura ou rocódromos. Ademais destes elementos , formúlase dotar ao espazo lúdico que ocupan estas fases de orde e calidade, convertendo esta zona nun gran espazo de relación de convivencia, humanizando e naturalizando a contorna.

Estas dúas fases terán un orzamento de preto de 2 millóns de euros (1.864.883,15 euros). No pasado mes de xaneiro, a Xunta e a Deputación de Ourense asinaron o convenio de colaboración que garante o remate do parque acuático de Monterrei, no concello do Pereiro de Aguiar, cun investimento de case 3,6 millóns de euros por parte da institución provincial. A achega destinarase á execución das tres fases que restan do proxecto ao longo do bienio 2025-2026, de xeito que o orzamento global desta área deportiva e de lecer ascenderá a preto de 13 millóns de euros, dos que 9 millóns foron sufragados pola Xunta de Galicia.

A campaña de 2024, no primeiro ano de funcionamento coa primeira fase completada e con apertura de xuño a setembro, o parque acuático recibiu preto de 100.000 persoas usuarias, o que pon de manifesto a importancia do complexo para a cidadanía da contorna e a atracción de visitantes tanto doutras áreas da provincia como do resto de Galicia e do norte de Portugal.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/03/2025
967672 {"title":"A Xunta saca a licitación a xestión, mantemento e limpeza do parque acuático de Monterrei para a vindeira campaña de verán que comeza o 18 de xuño","published_date":"2025-03-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169275-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"967672"} galicia A Presidencia da Xunta https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-28/967672-xunta-saca-licitacion-xestion-mantemento-e-limpeza-do-parque-acuatico-monterrei-vindeira-campana-veran-comeza-18-xuno https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.