A Xunta impulsa máis de 70 actividades de divulgación para celebrar os Días Europeos da Artesanía 2025

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Na semana do 31 de marzo ao 6 de abril, a Fundación Artesanía de Galicia coordinará a programación coa que se conmemoran os Días Europeos da Artesanía
  • Este festexo é unha iniciativa que se desenvolve cada ano en diferentes países de Europa co obxectivo de divulgar os oficios artesanais entre a sociedade e amosar a súa enorme riqueza e singularidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025

Na semana do 31 de marzo ao 6 de abril Galicia súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía a través da programación de demostracións en vivo, visitas guiadas, talleres, exposicións e xornadas de portas abertas impulsadas por obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, asociacións e centros de divulgación da artesanía. Como cada ano, a Fundación Artesanía de Galicia é a encargada de coordinar as actividades que se organicen na nosa Comunidade e colabora ademais con máis de 70 actividades arredor do territorio.

Os Días Europeos da Artesanía é unha iniciativa que se desenvolve cada ano en diferentes países de Europa co obxectivo de divulgar os oficios artesanais entre a sociedade e amosar a súa enorme riqueza e singularidade. Baixo o lema Trazos de unión, búscase nesta edición resaltar os vínculos entre os profesionais da artesanía e os seus territorios e ofrecer eventos para que os interesados teñan a oportunidade de descubrir, coñecer, tocar e sentir a artesanía de cada lugar. O programa completo de actividades e toda a información sobre este evento pódese consultar na páxina web www.diasdelaartesania.es.

Actividades nas catro provincias

Na provincia da Coruña, a Xunta colabora con cinco iniciativas de divulgación de oficios artesanais. En Santiago de Compostela, Creativas Galegas realizará talleres en escaparates viventes entre o 31 de marzo e o 6 de abril centrados no traballo co coiro, o macramé, a calceta e a xoiería, coa participación dos obradoiros Dona Formiguinha, Mocao Artesanía, Malas Herbas, La con Agarimo e Laura Triñanes. Tamén na capital galega, os obradoiros de xoiería Brigantia Orfebres, Kinga Haudek e Noga Arts, xunto co obradoiro de coiro El taller de Fer, localizados na rúa de San Pedro, organizan unha actividade conxunta na que os participantes realizarán unha peza pasando polos catro obradoiros. Será os días 4, 5 e 6 de abril.

Na cidade da Coruña, apóiase a iniciativa Oficios en acción, organizada pola Asociación Galega de Artesáns o sábado 5 de abril no Centro Ágora. Ofreceranse un total de 12 talleres participativos a cargo dos obradoiros dedicados ao coiro Jatafarta e Coiraxe, Cuaderna Maestra (tecido dun tapiz), Mioco Deseños (pregado de libros), Casperlota (impresión téxtil con Hapa Zome), Artesanía Nía (bixutería); Mario López (reciclaxe de xoguetes); Lucecús (tecido cos dedos), A Feitura (xoiería); Víctor Ares (cerámica) e Códice (encadernación); unha demostración de talla de vidro a cargo de Corman; e un taller de cestería impartido por Julia de la Cal, gañadora do Premio Artesnaía de Galicia 2024.

Tamén o sábado 5 de abril terá lugar en Ponteceso un obradoiro de modelado en barro, a cargo do obradoiro Feituras, na Fundación Eduardo Pondal; e en Malpica de Bergantiños, a Asociación Olería de Buño organiza unha visita guiada aos fornos tradicionais que rematará na Casa do Oleiro para ter unha experiencia no torno tradicional dirixido por oleiros profesionais. Ese mesmo día, o Concello de Val do Dubra organiza o desfile Primavera da emigración dubresa, no que se exhibirán as pezas resultantes do taller impartido pola ourive Susi Gesto, acompañadas de cestería de artesáns locais.

Na provincia de Lugo, a Fundación colabora coa Asociación Os Muíños de Mondoñedo nun programa de dez talleres de cerámica, estampaxe, coiro, téxtil, cartón e fiado. As actividades serán do 31 de marzo ao 6 de abril a cargo dos obradoiros Esquina Atlántica, Estudio Estampa, Artesanía do Pasatempo, Ton Arenas, Péndulo, María Jul e Miratú. 

Na de Ourense, apóianse tres iniciativas, entre as que destaca a organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, que ten programado un total de doce actividades en diferentes espazos centrados na bixutería, na xoiería artística, na restauración, na cerámica e no coiro impartidos por María Aba, Mario López, Arte 3, Luciérnaga coiro e Olería do Batán. Tamén nesta cidade, a tenda Amodo ten programados catro talleres de bordado, xoiería, pintura e ourivería impartidos por Sopa de Nuez, Laura Triñanes, Acivro e Marica da Berza, que se desenvolverán do 31 de marzo ao 6 de abril. O 5 de abril, o Museo de Olería de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) organiza a V Fornada Tradicional de Niñodaguia nos antigos fornos de pedra.

Na provincia de Pontevedra a Xunta apoia outras tres iniciativas. Os días 5 e 6 de abril, a Asociación Galega da Cerámica e outras artesanías organiza a XI Mostrafeira de Gondomar. Tamén durante o sábado e o domingo, o Museo do Mar de Galicia (Vigo) acolle obradoiros participativos centrados na cerámica, no coiro, na pintura sobre tea e na estampaxe con Gyotaku a cargo de Carlos San Claudio, Peixe Nero, Media Lúa, Como pez en el agua e Peixesapop. No Centro Comercial A Laxe (Vigo), A Casa Rodante organiza talleres e exposicións de oficios como a cestería, o tecido, a encadernación, o papel ou a cerámica, a cargo dos seus creadores, que son usuarios da asociación Apamp.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/03/2025
966528 {"title":"A Xunta impulsa máis de 70 actividades de divulgación para celebrar os Días Europeos da Artesanía 2025","published_date":"2025-03-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/169481-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"966528"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-03-28/966528-xunta-impulsa-mais-70-actividades-divulgacion-celebrar-os-dias-europeos-da-artesania-2025 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.