A Xunta esixe que o Goberno central cumpra co financiamento da dependencia en Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Fabiola García lembra que Galicia está facendo un esforzo financeiro moi superior ao que lle corresponde e incrementando os orzamentos, mentres a achega estatal redúcese

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou hoxe que a Xunta traballa na mellora constante dos servizos sociais en xeral, con especial atención ao sistema de atención á dependencia.
En resposta a unha interpelación, Fabiola García lembrou que Galicia "está facendo un esforzo financeiro moi superior ao que lle corresponde", mentres que o Goberno central, lonxe de achegar o 50% fixado pola lei, reduce o financiamento. Deste xeito, destacou que o financiamento estatal pasou do 40% no 2023 ao 34,9% no 2024.
Neste sentido, insistiu en que o Goberno central cumpra co financiamento da dependencia en Galicia e que se teñan en conta as reclamacións da Xunta para a actualización do baremo e que se teña en conta dispersión xeográfica ou o envellecemento da comunidade galega.
A conselleira puxo en valor o plan de simplificación e axilización da dependencia impulsado pola Xunta en xaneiro e incidiu en que a previsión é rematar o primeiro trimestre deste ano con máis de 7.000 expedientes de dependencia resoltos e outros 13.000 de discapacidade, sumando un total de 20.000.