A Xunta financia con preto de 50.000 euros as obras de mellora da residencia de maiores Betania en Viveiro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria sinala que estas actuacións permitirán dar un novo uso a este andar e ampliar os servizos do centro
- Na visita ao Centro Sociocomunitario de Ribadeo trasladou o compromiso do Executivo galego para seguir impulsando iniciativas para o envellecemento activo e saudable
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Viveiro (Lugo), 26 de marzo de 2025
A Xunta de Galicia destina preto de 50.000 euros para financiar as obras de mellora do semisoto da residencia de maiores Betania, en Viveiro. Así o sinalou o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, despois de comprobar as actuacións que se están realizando no centro.
Durante a visita, na que estivo acompañado da alcaldesa de Viveiro, Carmen Gueimunde, o director xeral sinalou que estas obras se financian a través da convocatoria de axudas para entidades sociais con cargo ao 0,7% do IRPF. Na última convocatoria, a Congregación de las Hermanitas de los Ancianos Desamparados resultou beneficiaria para levar a cabo este proxecto de reforma e adecuación no centro residencial.
Nesta ocasión, Antón Acevedo puido ver como se está desenvolvendo o proxecto e sinalou que as actuacións que se desenvolverán ao longo deste ano permitirán dar un novo uso a este andar, co obxectivo de seguir ampliando os servizos do centro e mellorar a atención dos usuarios.
Visita ao Centro Sociocomunitario de Ribadeo
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria tamén visitou ao longo da mañá aos usuarios do Centro Sociocomunitario de Ribadeo para coñecer as diferentes actividades que desenvolven cada día nas instalacións.
Na visita na que estivo acompañado do alcalde, Daniel Vega, sinalou o firme compromiso da Xunta de Galicia para seguir impulsando iniciativas que favorezan o envellecemento activo e saudable e poñendo en marcha recursos que coma este facilitan a vida diaria dos maiores e reforzan a súa autonomía.